Jakub Walerian TumanowiczOs armenios de Galicia tiñan como lingua propia o polaco. (en , "Yakub Valerian Tumanovych"), nado o 14 de xullo de 1714 en Stanisławów e finado o 2 de setembro de 1798 en Lviv, foi un eclesiástico católico armenio, arcebispo de Lviv entre 1783 e 1798.

Traxectoria Naceu nunha familia armenia o 14 de xullo de 1714 en Stanisławów (hoxe Stanislaviv, en Ucraína), e foi bautizado en Kamianets-Podilskyi. Estudou no colexio teatino de Lviv e posteriormente foi ordenado sacerdote cda arquidiocese de Lviv. Exerceu inicialmente como vigairo na catedral arquidiocesana, e posteriormente foi párroco da mesma. Da súa etapa como párroco se conservan dous sermóns con ocasión da coroación da icona da Virxe María na igrexa dominicana de Lviv en 1751.

O 1 de xuño de 1771 foi elixido bispo coadxutor da arquidiocese, con dereito de sucesión. O 16 de decembro do mesmo ano a súa elección foi aprobada polo papa Clemente XIV. Foi consagrado bispo o 17 de maio de 1772 polo arcebispo latino de Lviv, Wacław Hieronim Sierakowski. Logo do pasamento de Jakub Stefan Augustynowicz en 1783, pasou a ser o arcebispo de Lviv dos armenios.

Coa primeira partición de Polonia as autoridades austríacas realizaron varios cambios na arquidiocese: en 1784 foi pechado o colexio dos teatinos, foron pechadas tamén as igrexas parroquiais de Santa Ana e da Santa Cruz, e o número de parroquias foi reducido de 18 a 8; en 1785 a escola das Irmás Bieitas Armenias foi secularizada; e en 1791 todos os bancos armenios foron unidos nun único montepío.

Malia a situación adversa, Tumanowicz se implicou na construción de novas igrexas: en 1791 consagrou igrexas en Kamianets-Podilskyi, Mohyliv-Podilskyi, e outros lugares. Tamén financiou a fabricación de dúas novas campás para a catedral, construíu un novo campanario na vila de Lysets, e reparou as casas parroquiais de Lviv e de Kamianets-Podilskyi.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org Artigo en Wiki.Ormianie

Categoría:Nados en 1714 Categoría:Nados en Ivano-Frankivsk Categoría:Finados en 1798 Categoría:Arcebispos católicos de Ucraína Categoría:Arcebispos da Igrexa católica armenia