O sol do verán é unha novela en lingua galega do ourensán Carlos Casares Mouriño, conformada por nove capítulos e publicada por vez primeira pola Editorial Galaxia en 2002, algo máis dun mes despois do pasamento do escritor.

Descrición

No relato, ambientado en 1968, Carlos, o protagonista, que comparte nome, data de nacemento e ata a marca da motocicleta (Harley-Davidson) co autor do libro, suicídase pegándose un tiro na cabeza na bañeira. Helena (coprotagonista), amiga da infancia, rememora o tempo que pasaron xuntos nos veráns no Carpazal. A acción desenvólvese en Galicia (Beiro, Bóveda, Allariz, Ourense, Tarascón…)

Outros personaxes do texto son: Arturo, marido de Helena; Carmela e Indalecio, pais de Helena; Mercedes e Adolfo, tíos de Helena; Mariví, irmá de Helena; Amparo, noiva de Carlos; Leopoldo e Elisa, pais de Carlos; Anselmo, Delfina e Susa, criados, e Rafaela, avoa de Helena.

Na obra aparecen varias referencias culturais contemporáneas (José María Pemán, o xornal ABC, o profesor Aranguren, os monos de Gibraltar…)

Edicións

Casares entregoulle a Damián Villalaín, subdirector da editorial, a versión definitiva da novela xustamente o día do seu falecemento. O libro rematouse de imprentar nos talleres de Obradoiro Gráfico no Polígono Industrial do Rebullón, de Mos, o 19 de abril de 2002. Saíu á venda o Día Internacional do Libro e presentouse ao público o 8 de maio.

En 2003 foi traducido ao castelán, publicado pola Editorial AlfaguaraImaxe da portada da edición en castelán, de Alfaguara e en 2004 editouse en castelán en braille, pola ONCE.Biblioteca de Tradución Galega Universidade de Vigo. Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Os escuros soños de Clío Ilustrísima

Ligazóns externas Biblioteca Virtual Galega Vista previa da edición dixital en Google Books.

Categoría:Novelas en galego Categoría:Obras literarias de 2002 Categoría:Carlos Casares Categoría:Editorial Galaxia Categoría:Novelas ambientadas en Ourense Categoría:Suicidio