Arabidopsis arenosa é unha especie de plantas do xénero Arabidopsis (antes no xénero Cardaminopsis) que vive principalmente en Centroeuropa. Constitúe un complexo de especies con diferentes ploidías, que xeralmente se trata como unha soa especie con dúas subespecies que solapan en parte das súas áreas de distribución en Centroeuropa. A subespecie principal é a arenosa, que é tetraploide (2n = 16/32) e de flores brancas, que tamén vive no norte de Europa e está adaptada a solos silíceos e areentos. A outra subespecie é a borbasii (Zapał.) O'Kane & Al-Shehbaz (2n = 32), de flores lilas, adaptada a chans calcarios, que viven en Centroeuropa e Cárpatos.Roswitha Schmickl, Juraj Paule, Johannes Klein, Karol Marhold, Marcus A. Koch. The Evolutionary History of the Arabidopsis arenosa Complex: Diverse Tetraploids Mask the Western Carpathian Center of Species and Genetic Diversity. PLOS ONE Publicado: 3 de agosto, 2012 FloreAlpes - Comparación entre as subespecies arenosa e borbasii.
A. arenosa hibridouse de forma natural con Arabidopsis thaliana creando a especie alopoliploide Arabidopsis suecica. Esta última ten unha dotación de 26 cromosomas, dos cales 16 proceden da A. arenosa tetraploide.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas NaturaLista - fotografía GBIF - mapa de distribución
Categoría:Arabidopsis