A teoría da herdanza dual (TID), tamén coñecida como coevolución xenes-cultura ou evolución biocultural, desenvolveuse entre as décadas de 1960 e 1980 para explicar que o comportamento humano é un produto de dous procesos evolutivos diferentes e interaccionantes: a evolución xenética e a evolución cultural. Na TID, defínese cultura como a información ou comportamento adquirido por medio da aprendizaxe social. Un dos principios centrais desta teoría é que a cultura evoluciona parcialmente por medio do proceso de selección darwinista, a cal os teóricos da herdanza dual describen a miúdio por analoxía coa evolución xenética.

Neste contexto, a 'cultura' defínese como o 'comportamento aprendido socialmente', e a 'aprendizaxe social' defínese como copiar os comportamentos observados nos outros ou comportamentos adquiridos porque foron ensinados por outros. A maioría dos modelos feitos no campo dependen da primeira dinámica (copiar), aínda que tamén poden ser ampliados á ensinanza. A aprendizaxe social no seu modo máis simple implica copiar cegamente os comportamentos dun modelo (comportamento observado de alguén), aínda que tamén se comprende que ten moitos nesgos potenciais, como o nesgo do éxito (copiar daqueles que se perciben en mellor situación), nesgo de status (copiar a aqueles que teñen maior status), homofilia (copiar dos que son máis parecidos a nós), nesgo conformista (copiar desproporcionadamente os comportamentos que a maioría da xente realiza) etc. Comprender que a aprendizase social é un sistema de patrón de replicación, e comprender que hai diferentes taxas de supervivencia para diferentes variantes culturais aprendidas socialmente, establece, por definición, unha estrutura evolutiva: a evolución cultural.

Como a evolución xenética se comprende relativamente ben, a maioría do DIT examina a evolución cultural e as interaccións entre a evolución cultural e a evolución xenética.

Historicamene, Charles Darwin xa tiña unha teoría sofisticada sobre a evolución da cultura humana e a súa dependencia da selección natural "a un grao subordinado" comparado coas "leis, costumes e tradicións" mantidas pola opinión pública.Darwin, C. 1874 (1902). The Descent of Man, second edition. American Home Library. Ver especialmente o capítulo 5. Aínda que as súas formulacións non son idénticas ás da teoría da herdanza dual.

Á teoría da herdanza dual fixéronselle moitas críticas pola forma en que intentan explicar a evolución da cultura en termos darwinistas (véxase máis abaixo).

Base teórica

A TID sostén que a evolución xenética e a cultural interaccionan na evolución do Homo sapiens. A TID recoñece que a selección natural de xenotipos é un importante compoñente da evolución do comportamento humano e que os trazos culturais poden ser restrinxidos por imperativos xenéticos. Porén, a TID tamén recoñece que a evolución xenética dotou á especie humana cun proceso evolutivo paralelo de evolución cultural. A TID fai tres afirmacións:

As capacidades culturais son adaptacións

A capacidade humana de almacenar e transmitir cultura orixinouse a partir de mecanismos psicolóxicos que evolucionaron xeneticamente. Isto implica que nalgún momento durante a evolución da especie humana un tipo e aprendizaxe social que levou a unha evolución cultural acumulativa foi evolutivamente vantaxosa.

A cultura evoluciona

Os procesos de aprendizaxe social dan lugar á evolución cultural. Os trazos culturais transmítense de forma diferente aos trazos xenéticos e, por tanto, teñen como resultado diferentes efectos a nivel de poboación sobre a variación de comportamentos.

Os xenes e a cultura coevolucionan

Os trazos culturais alteran os ambientes físicos e sociais baixo os cales opera a evolución xenética. Por exemplo, as adopcións culturais da agricultura e consumo de produtos lácteos, nos humanos, causou a selección xenética para os trazos que permiten dixerir o amidón e a lactosa, respectivamente.Cavalli-Sforza, L., P. Menozzi and A. Piazza. 1994. The history and geography of human genes Princeton: Princeton University PressDurham, W. 1991. Coevolution: Genes, culture and human diversity. Stanford: Stanford University Press. Chapter 5Perry, G., N. Dominy, K. Claw, A. Lee, H> Fiegler, R. Redon, J. Werner, F. Villanea, J. Mountain, R. Misra, N. Carter, C. Lee, A. Stone. Diet and the evolution of human amylase gene copy number variation. Nature Genetics 39:1256-1260. Outro exemplo é que é probable que unha vez que a cultura se fixo adaptativa, a selección xenética causase un refinamento da arquitectura cognitiva que almacena e transmite a información cultural. Este refinamento puido influenciar adicionalmente a maneira en que se almacena a cultura e o nesgo que goberna esa transmisión.

A TID tamén predí que, en certas situacións, a evolución cultural pode seleccionar trazos que son xeneticamente desadaptativos. Un exemplo disto é a transición demográfica, que describe a caída de taxas de nacementos nas sociedades industrializadas. Os teóricos da herdanza dual hipotetizan que a transición demográfica pode ser o resultado dun nesgo de prestixio, no que os individuos que se absteñen de reproducirse para gañar máis influencia en sociedades industriais é máis probable que sexan elixidos como modelos culturais.Boyd, R. and P. J. Richerson. 1985. Culture and the Evolutionary Process. Chicago: University of Chicago Press. pp. 199-202.Richerson, P. J. and R. Boyd. 2005. Not By Genes Alone: How Culture Transformed Human Evolution. Chicago: University of Chicago Press. pp. 169-182.

Críticas

Fixéronse varias críticas ás formulacións da TID.Gabora, L. (2011). How a generation was misled about natural selection. Psychology Today, Mindbloggling.

As críticas máis fortes á TID fanse contra a elección da selección darwinista como marco explicativo da cultura. Para algúns, a evolución cultural non posúe a estrutura algorítmica dun proceso que pode ser modelado nun marco darwinista como o caracterizado por John von Neumannvon Neumann, J. (1966). The theory of self-reproducing automata. University of Illinois Press, Chicago. e utilizado por John Holland para deseñar o algoritmo xenético.Holland, J. (1975). Adaptation in natural and artificial systems. Cambridge: MIT Press.

Richard Lewontin, Niles Eldredge, e Stuart Kauffman realizaron outras críticas sobre os intentos de enmarcar a cultura en termos darwinistas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Nesgo adaptativo Teoría da selección cultural Memética Evolución sociocultural

Bibliografía

Libros Lumsden, C. J. e E. O. Wilson. 1981. Genes, Mind, and Culture: The Coevolutionary Process. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press. Cavalli-Sforza, L. L. e M. Feldman. 1981. Cultural Transmission and Evolution: A Quantitative Approach. Princeton, New Jersey: Princeton University Press. Boyd, R. e P. J. Richerson. 1985. Culture and the Evolutionary Process. Chicago: University of Chicago Press. Durham, W. H. 1991. Coevolution: Genes, Culture and Human Diversity. Stanford, California: Stanford University Press. ISBN 0-8047-1537-8 Tomasello, M. 1999. The Cultural Origins of Human Cognition. Cambridge, Massachusetts: Cambridge University Press. Shennan, S. J. 2002. Genes, Memes and Human History: Darwinian Archaeology and Cultural Evolution. Londres: Thames and Hudson. Laland, K. N. e G. R. Brown. 2002. Sense & Nonsense: Evolutionary Perspectives on Human Behavior. Oxford: Oxford University Press. Boyd, R. e P. J. Richerson. 2005. The Origin and Evolution of Cultures. Oxford: Oxford University Press. Richerson, P. J. e R. Boyd. 2005. Not By Genes Alone: How Culture Transformed Human Evolution. Chicago: University of Chicago Press.

"Revisións" Smith, E. A. 1999. Three styles in the evolutionary analysis of human behavior. In L. Cronk, N. Chagnon, e W. Irons, (Eds.) Adaptation and Human Behavior: An Anthropological Perspective Nova York: Aldine de Gruyter.

Bentley, R.A., C. Lipo, H.D.G. Maschner e B. Marler 2007. Darwinian Archaeologies. In R.A. Bentley, H.D.G. Maschner & C. Chippendale (Eds.) Handbook of Archaeological Theories. Lanham (MD): AltaMira Press. McElreath, R. & Henrich, J. 2007. Modeling cultural evolution.(preprint) En R. Dunbar e L. Barrett, (Eds.), Oxford Handbook of Evolutionary Psychology Oxford: Oxford University Press. McElreath, R. & Henrich, J. 2007. Dual inheritance theory: the evolution of human cultural capacities and cultural evolution. In R. Dunbar e L. Barrett, (Eds.), Oxford Handbook of Evolutionary Psychology Oxford: Oxford University Press.

Artigos

Categoría:Antropoloxía Categoría:Evolución Categoría:Xenética Categoría:Sociobioloxía