Luiz Caracol, nado en Elvas (Portugal) o 9 de xaneiro de 1976, é un compositor, guitarrista e cantante portugués.
Traxectoria musical É fillo de emigrantes retornados de Angola e creceu nun ambiente de multiculturalidade lusófona que se reflicte na súa música.
Comezou a súa carreira musical como autor en 2001. A partir de 2002, traballou coa súa primeira banda “Luiz e a Lata”. En 2009 colaborou no grupo de Sara Tavares e ao mesmo tempo iniciou a súa carreira en solitario.
Discografía
Álbums con "Luiz e a Lata"
Andei, Farol Música, 2003. 9, Música das Esferas, 2008.
Álbums en solitario Devagar, DPG, 2013. Metade e Meia, LC/AMPLA, 2017. só.tão, 2021. Ao vivo no Namouche, 2024. Actuacións en festivais galegos Cantos na Maré 2014. O mar nunha flor 2016. Festas do Apóstolo 2016. O mar nunha flor 2018. 32º Festival Noroeste 2018. Certame aRi[t]mar 2024. Feito a man 2025.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Coisas Bunitas - Celebrar Sara Tavares (Espectáculo homenaxe, 2025).
Categoría:Músicos de Portugal Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados no distrito de Portalegre