dereita|miniatura|upright=1.4|Probas de resistencia a antibióticos: As bacterias seméntanse en placas con discos brancos impregnados de antibióticos. Os aneis claros que se forman arredor dos discos (en realidade nesta imaxe parecen escuros), como ocorre en todos os da imaxe da esquerda, indican que as bacterias non puideron crecer, é dicir, non son resistentes. As da dereita son completamente resistentes a só tres dos sete antibióticos probados, xa que nos demais hai círculos de inhibición máis ou menos grandes.Kirby-Bauer Disk Diffusion Susceptibility Test Protocol , Jan Hudzicki, ASM A resistencia a antibióticos é a resistencia que adquiren as bacterias a un antibiótico ao que normalmente eran sensibles de forma natural. A resistencia a antibióticos forma parte dun concepto máis amplo que é a resistencia a antimicrobianos, que se aplica a todos os microbios e a outras substancias antimicrobianas, e que se define como a capacidade adquirida por un microorganismo de resistir os efectos dun axente quimioterapéutico ao que é sensible habitualmente.M. T. Madigan, J. M. Martinko, J. Parker. Brok. Biología de los microorganismos. 10ª edición (2003). Pearson-Prentice Hill. Páxinas 711-713. ISBN 84-205-3679-2. Algunhas bacterias son insensibles a certos antibióticos de forma natural (por exemplo, unha bacteria que non ten parede, como un micoplasma, é insensible a un antibiótico que afecte á parede). Outros modos de facerse resistentes é por medio de mutacións; ou por adquirir resistencia cedida por outra especie ou cepa bacteriana (por exemplo, pode pasarlle un plásmido con xenes de resistencia). A resistencia pode aparecer espontaneamente debido a mutacións aleatorias que aparecen de repente; ou máis comunmente por unha selección gradual co tempo, e a causa do mal uso de antibióticos e antimicrobianos. Os microbios resistentes son máis difíciles de tratar, e requiren o uso de medicamentos alternativos ou de altas doses, o que pode ser máis custoso e ter máis efectos tóxicos. Os microbios resistentes a múltiples antimicrobianos denomínanse resistentes a multifármacos ou drogas; ou ás veces, informalmente, superbmicrobios ou superbichos. A resistencia antimicrobiana é responsable dun aumento de millóns de mortes ao ano, e está xerando unha crecente preocupación en medicina. Hai agora unhas poucas infeccións que son completamente intratables debido á resistencia. Todas as clases de microbios desenvolven resistencia; nos fungos hai resistencia a antifúnxicos; nos virus hai resistencia a antivirais (e ademais son resistentes a todos os antibióticos de forma natural); nos protozoos hai resistencia a antiprotozoarios; e nas bacterias hai resistencia a antibióticos.
Os antibióticos só deberían utilizarse cando é necesario por prescrición dos profesionais da saúde. O prescritor debería seguir os cinco principios para a administración de fármacos: que sexa o paciente adecuado, o fármaco adecuado, a dose correcta, a ruta correctra, e o tempo correcto. Son preferibles os antibióticos de curto espectro aos de amplo espectro sempre que sexa posible, xa que atacar de forma efectiva e axeitada a organismos específicos é menos probable que cause resistencia. Deberían facerse cultivos antes do tratamento sempre que sexa indicado e o tratamento debería cambiarse baseándose nos datos de susceptibilidade. Para as persoas que teñen que tomar estes medicamentos en casa a información sobre o seu uso correcto é esencial. A hixiene e desinfección durante os coidados sanitarios é moi importante para evitar o espallamento de patóxenos e a necesidade de usar antibióticos.
O aumento da resistencia aos antimicrobianos pode atribuírse a tres causas: uso incorrecto dos antibióticos na poboación humana; na poboación animal; e o espallamento de cepas resistentes entre fontes humanas e non humanas. Os antibióticos incrementan a presión selectiva en poboacións bacterianas, causando que as bacterias vulnerables morran, pero as bacterias resistentes sobreviven e seguen crecendo, polo que se incrementa progresivamente a porcentaxe de bacterias resistentes na poboación, e é máis probable que a seguinte infección sexa causada por unha bacteria resistente. Conforme a resistencia aos antibióticos se está facendo máis común hai unha maior necesidade de tratamentos alternativos, con novas terapias antibióticas, aínda que o desenvolvemento de novos antimicrobianos é raro. Hai moitos programas nacionais e internacionais que monitorizan os programas sobre a ameaza da resistencia microbiana aos fármacos. Exemplos de bacterias resistentes incluídas neste programa son: Staphylococcus aureus resistente á meticilina (SARM), S. aureus resistente á vancomicina, bacterias produtoras de beta-lactamase de espectro ampliado (ESBL), Enterococcus resistente á vancomicina, Acinetobacter baumannii resistente a multifármacos.
Un informe da Organización Mundial da Saúde (OMS) de abril de 2014 indicaba o seguinte: "esta seria ameaza xa non é unha predición para o futuro, está ocorrendo xa agora en todas as rexións do mundo e ten o potencial de afectar a calquera, de calquera idade, en calquera país. A resistencia a antibióticos (cando a bacteria cambia, os antibióticos xa non funcionan en persoas que os necesitan para tratar infeccións) é agora unha grande ameaza para a saúde pública.""WHO's first global report on antibiotic resistance reveals serious, worldwide threat to public health" Consultado o 2014-05-02 Para favorecer a acción colectiva contra esta ameaza propuxéronse tratados internacionais sobre a resistencia antimicrobiana. Os países máis pobres son os máis afectados por esta ameaza.
Definición miniatura|300x300px|Diagrama que mostra as diferenzas entre as bacterias resistentes e non resistentes a fármacos. As non resistentes multiplícanse, pero despois do tratamento co fármaco, morren. As bacterias resistentes multiplícanse tamén, pero co tratamento co fármaco, a bacteria continúa crecendo. A OMS define a resistencia antimicrobiana como unha resistencia do microorganismo ao fármaco antimicrobiano que antes servía para tratar eficazmente a infección por ese microorganismo. Unha persoa non pode facerse resistente aos antibióticos, xa que a resistencia é unha propiedade do microbio que infecta a esa persoa.
Causas
A existencia de bacterias resistentes aos antibióticos é anterior ao uso médico de antibióticos; pero o aumento do uso de antibióticos fixo que moitas bacterias se fixesen resistentes polo proceso de presión evolutiva.
Entre as razóns do aumento do uso de antibióticos están: Aumento da dispoñibilidade global desde a década de 1950. Venda incontrolada en moitos países de renda baixa ou media, onde poden obterse sen receita, o que moitas veces ten o resultado de que se usan indebidamente.The Lancet Infectious Diseases Commission. Antibiotic resistance—the need for global solutions. Lancet Infect Dis 2013;13: 1057–98. Exceso de prescrición. Toma de doses incorrectas inferiores ás necesarias, ou ás veces falsificación dos medicamentos que conteñen doses inferiores ás indicadas no frasco (como ocorreu en certos países). Interrupción da medicación antes de tempo. Uso masivo en gandería.
O uso de antibióticos na alimentación do gando a baixas doses para promover o seu crecemento é ou era unha práctica aceptada en moitos países industrializados e sábese que iso fai incrementar os niveis de resistencia. A liberación de grandes cantidades de antibióticos no ambiente durante a súa fabricación farmacéutica por medio dunha eliminación inadecuada de augas residuais incrementa o risco de que as cepas resistentes se desenvolvan e espallen. Non se sabe con certeza se os xabóns e outros produtos con antibacterianos contribúen á resistencia a antibióticos, pero son desaconsellados por outras razóns.
Medicina humana miniatura|Mortes atribuíbles á resistencia antimicrobiana cada ano comparadas con outras causas principais de mortalidade.|300x300px O incremento da resistencia bacteriana está ligado ao volume de antibióticos prescrito, e con non seguir exactamente as instrucións da prescrición (non seguir o tratamento ata o final). As prescricións inadecuadas de antibióticos atribúense a varias causas, incluíndo que os pacientes insisten en solicitar ao médico a súa prescrición, que os médicos os prescriben cando non teñen tempo de explicar por que non son necesarios, ou porque os prescriben por cautela por razóns médicas ou legais.
Considérase que a metade dos antibióticos usados en humanos son innecesarios e inapropiados. Por exemplo, segundo o resultado dun estudo, a terceira parte da xente cre que os antibióticos son efectivos contra o catarro común, e os catarros son unha das razóns comúns para prescribir antibióticos malia que é unha enfermidade vírica e os antibióticos son inútiles contra os virus.
A resistencia a antibióticos increméntase coa duración do tratamento; por tanto, con tal de que se manteña o mínimo efectivo, os tratamentos curtos con antibióticos é probable que diminúan as taxas de resistencia, reduzan os custos, e teñan mellores resultados e menores complicacións. Hai tratamentos curtos para a pneumonía adquirida na comunidade peritonite bacteriana espontánea, infeccións pulmonares en coidados intensivos, o denominado abdome agudo, infeccións do oído medio, sinusite e infeccións de garganta, e lesións intestinais penetrantes. Nalgunhas situacións un tratamento curto pode que non cure a infección pero tampouco un tratamento longo. Como o paciente pode sentirse mellor antes de que a infección sexa erradicada, os médicos poden darlle instrucións para que saiba cando é seguro deixar de tomalos. Algúns investigadores avogan porque os médicos usen tratamentos curtos con antibióticos, e reavalíen o paciente uns días despois, e paren o tratamento se xa non hai síntomas de infección.Marc Bonten, MD; Eijkman-Winkler Institute for Medical Microbiology, Utrecht, the Netherland | Infectious Diseases, and Inflammation
Certas clases de antibióticos orixinan máis resistencia que outras. Por exemplo, obsérvanse maiores taxas de infeccións por SARM cando se usan glicopéptidos, cefalosporinas, e quinolonas. As cefalosporinas e especialmente as quinolonas e a clindamicina, é máis probable que faciliten a colonización por Clostridium difficile.
Certos factores que se dan en unidades de coidados intensivos como a aplicación de ventilación mecánica e múltiples enfermidades subxacentes tamén parecen contribuír á resistencia bacteriana cando se usan antibióticos. Unha mala hixiene do persoal do hospital foi asociada co espallamento de organismos resistentes.
Os factores sociais, como a violencia estrutural ou pobreza en certas rexións afecta aos programas de tratamento de cepas resistentes.Farmer, Paul E., Bruce Nizeye, Sara Stulac, and Salmaan Keshavjee. 2006. Structural Violence and Clinical Medicine. PLoS Medicine, 1686–1691. url=?
Veterinaria miniatura|300px|Todos os animais levan bacterias nos seus intestinos. Ao darlle antibióticos aos animais, mátanse a maioría das bacterias, pero as bacterias resistentes sobreviven e multiplícanse.