Santa María de Costantín é unha parroquia que se localiza no concello de Baralla. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 119 habitantes (60 mulleres e 59 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 124 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 101 habitantes, sendo 48 homes e 53 mulleres.

Constantín debe o seu nome ó río que a baña, pequeno regato que circula entre prados e brañas así como fentos e demais vexetación típica dos bosques de castiñeiros. Preto do centro da aldea atópanse dous castiñeiros que contan con máis dun século de idade.

Pódense ver aguias sobrevoando os prados e bosques maioritariamente formados por castiñeiros e carballos que dan acubillo a multitude de pequenos animais coma esquíos, ratos de campo, e outros. A dous quilómetros da aldea tense visto corzos en zonas húmidas con charcos que actúan coma bebedoiros en épocas de calor.

Lugares e parroquias Lugares de Costantín

Parroquias de Baralla

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Baralla

Ligazóns externas Costantín na web do concello de Baralla

Categoría:Parroquias de Baralla Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María