Pals é un concello da provincia de Xirona, en Cataluña, que forma parte da comarca do Baix Empordà. Atópase entre os concellos de Torroella de Montgrí, Fontanilles, Palau-sator, Torrent, Regencós e Begur.

Tiña en 2015 unha poboación de 2.501 habitantes agrupados na capital municipal, Pals, situada no interior e pequenos núcleos e urbanizacións de interior e costeiros.

É un concello dedicado eminentemente ao turismo, pola súa situación en plena Costa Brava.

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web do concello

Categoría:Concellos da provincia de Xirona