miniatura|Botella de cervexa Club Colombia. Club Colombia é unha marca de cervexa fabricada pola empresa colombiana Cervecería Bavaria S.A. Naceu en 1949 co nome de Club Sesenta, co gallo dos sesenta anos da fundación Bavaria S.A. e propúxose como a primeira cervexa Premium da compañía, que recibiu en 2008 o premio Gran Medalla de Ouro con follas de Palma do Instituto Monde Selection, por obter unha cualificación superior nas diferentes probas sensoriais e organolépticas. Once anos despois, ó comezo da década dos anos sesenta, esta marca cambiou de nome polo de Club Colombia, e coa súa presentación comercial en Colombia comezaron as exportacións ós Estados Unidos. Os seus elementos simbólicos predominantes foron as réplicas do tunjo precolombiano. Club Colombia foi recoñecida como a cervexa de máis alta categoría das marcas de Bavaria S.A., con máis de medio século de tradición.

A marca foi renovada en 2006, cun redeseño de etiquetas e da botella. Porén, conserva como escudo o tunjo precolombiano que aparece dende a orixe da marca.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Cervecería Bavaria S.A. Monde Selection

Ligazóns externas Sitio web de Club Colombia

Categoría:Marcas de cervexa de Colombia