O picanzo nubio é unha ave pertencente á familia do lánidos.

Características Este picanzo cría en arboredos abertos, con presenza de matogueiras. Frecuentemente tamén preto de terras de labranza. É o picanzo máis pequeno de todos. Presenta o corpo, a cabeza e o peteiros máis pequenos e esveltos. Os adultos teñen o dorso e as ás negras, con diversas manchas brancas. As femias son apreciablemente máis claras. A cara é branca cunha característica máscara negra. O bandullo é branco e mostra unha zona alaranxada.

Distribución Cría en Grecia, Bulgaria, Anatolia, próximo Oriente e zonas illadas de Irán e Iraq. Inverna en África. Durante a migración é visible no río Nilo, ribeiras do mar Vermello e península do Sinaí.

Notas

nubio