John Charles Wiltshire-Butler, nado en Torrance (California) o 1 de abril de 1975, máis coñecido profesionalmente como John Butler, é un músico, cantante e produtor musical australiano. É membro de John Butler Trio, un grupo de música jam e roots que formou en Fremantle, Australia Occidental en 1998.

O John Butler Trio gravou cinco álbums de estudio, incluíndo tres que acadaron o número un nas listas de éxitos de Australia: Sunrise Over Sea, Grand National e April Uprising.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Músicos de Australia Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Torrance