A tempada 2016-2017 da División de Honra da liga española de rugby é a 50ª edición da principal competición entre clubs de rugby en España. A liga regular comezou o 11 de setembro de 2016 e rematará o 23 de abril de 2017 despois de 22 xornadas. A final da liga será o día 28 de maio de 2017. O Club de Rugby El Salvador é o club encargado de defender o título de campión.

Formato A liga conta con doce clubs participantes, e o formato de competición é o mesmo das catro tempadas anteriores, dividíndose a liga en dúas etapas: a fase de liga regular e as eliminatorias polo título. A liga regular está composta por 22 xornadas, e os seis primeiros equipos da clasificación participarán nas eliminatorias polo título de campión.

Os oito primeiros equipos da táboa ó remate da primeira volta acadarán o dereito a participar na Copa do Rei.

O campión de liga acadará o dereito a participar en tres torneos na seguinte tempada: Supercopa de España, na que se enfrontará ó campión da Copa do Rei. Copa Ibérica, na que se enfrontará ó campión da División de Honra portuguesa. Qualifying Competition, na que se enfrontará a varios campións de liga europeos por unha praza na Challenge Cup, a segunda competición continental de clubs.

Participantes O Club de Rugby Ciencias, campión de liga en 1991-92 e 1993-94, ascendeu á máxima categoría da liga española de rugby na tempada 2015-16, e ocupa a praza do equipo descendido, o Club de Rugby CRC Pozuelo.

EquipoCidadeEstadio Club de Rugby El Salvador Valladolid Pepe Rojo Valladolid Rugby Asociación Club Valladolid Pepe Rojo Independiente Rugby Club Santander San Román Club de Rugby Cisneros Madrid Central Unió Esportiva Santboiana Sant Boi Baldiri Aleu Club Alcobendas Rugby Alcobendas Las Terrazas Futbol Club Barcelona Barcelona La Teixonera Getxo Rugby Taldea Getxo Fadura Ordizia Rugby Elkartea Ordizia Altamira Hernani Club de Rugby Elkartea Hernani Landare Toki Gernika Rugby Taldea Gernika-Lumo Urbieta Club de Rugby Ciencias Sevilla La Cartuja Traxectoria na División de Honra Equipo Tempadas Títulos201716151413121110 09 080706050403020100999897969594939291908988878685848382818079787776757473727170 -5453 SANTBOIANA 48718px|Disputándose 4282376583114548322115752551212713232276467434 3 CISNEROS 34218px|Disputándose5337 10 108 1074710476824531 6463253125 75 EL SALVADOR 33818px|Disputándose2524731211221127251 9637612538 322 GETXO 33118px|Disputándose89785 1058578 10988823221534 944 9534 8 V.R.A.C. 29618px|Disputándose 111115444464335151447341010 756 CIENCIAS 28218px|Disputándose 12986332 106 94637524131936 1156 BARCELONA20218px|Disputándose 711 106 745 1434 1096832 11 ALCOBENDAS 14118px|Disputándose 6 108 9 987215 12 7 7 ORDIZIA 14 -18px|Disputándose 97652277677 7 6 GERNIKA 12 -18px|Disputándose 11693648 1287 6 HERNANI 12 -18px|Disputándose 10101011 10 103 1112 INDEPENDIENTE 6 -18px|Disputándose 344 86

Clasificación A táboa clasificatoria da liga regular faise sumando os puntos por vitorias e empates, máis o puntos bonus acadados. O equipo que acada unha vitoria suma 4 puntos, e o que acada un empate suma 2. Os puntos bonus poden sumarse de dous xeitos. Aquel equipo que anota 4 ensaios ou máis, suma 1 punto bonus ofensivo na táboa clasificatoria, gañe, perda ou empate o encontro. Por outra banda, aquel equipo que perda un partido por 7 puntos ou menos, acadará 1 punto bonus defensivo.

Galería

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da Federación Española de Rugby Outros artigos

Categoría:División de Honra de Rugby