A dos arqueocetos (Archaeoceti) é unha suborde (parafilética) de mamíferos cetáceos da que evolucionaron os cetáceos modernos (ou neocetos).

Os membros máis antigos deste grupo, como Pakicetus, tiñan catro patas e eran animais terrestres.

Orixe e características

Baseándose en características dos dentes, creuse que os arqueocetos evolucionaron a partir dos Mesonychia (orde extinguida de mamíferos ungulados carnívoros). Porén, estudos recentes baseados en datos moleculares e morfoloxía non dental mostraron que as primeiras baleas evolucionaron probabelmente a partir dos artiodáctilos (talvez teñan un afastado antepasado común coa familia dos hipopotámidos, que inclúe os actuais hipopótamos).

Os antepasados dos arqueocetos probabelmente diverxeron dos artiodáctilos a fináis do cretáceo ou principios do paleoceno.

A maioría dos arqueocetos tiñan patas posteriores, a diferenza dos cetáceos actuais. Os primeiros arqueocetos foron seguramente animais completamente terrestres. Ao longo do eoceno foron facéndose menos terrestres e máis acuáticos e, ao final de dito período os últimos arqueocetos (basilosáuridos) deron orixe aos cetáceos modernos.

Os arqueocetos sobreviviron á extinción masiva do eoceno-oligoceno, pero sufriron unha gran perda de xéneros.

No oligoceno eran, pois, menos abundantes que no eoceno; os últimos arqueocetos (Basilosauridae) se extinguiron no mioceno, seguramente pola competencia cos odontocetos e as novas especies de tiburóns que apareceron nesta época, como o Megalodon. Outra explicación para a súa extinción podería acharse no cambio climático ocirrido durante o mioceno, cando os océanos arrefriaron notabelmente. Talvez foi unha combinación dos dous factores (competencia e clima) o que levou á extinción aos arqueocetos.

Taxonomía Descrición A suborde foi descrita en 1883 polo zoólogo británico, especializado en anatomía comparada, William Henry Flower.

Etimoloxía o nome científico Archaeoceti está formado polos elementos do latín científico Archaeo-, tirado do grego antigo ἀρχαῖος archĩos, 'antigo', e -ceti, do latín cetus, 'grande animal mariño', que á súa vez deriva do grego antigo κήτος kḗtos, 'monstro mariño'.

Clasificación Os arqueocetos inclúen as seguintes familias:Mikko's Phylogeny Archive - Archaeoceti miniatura|220px|Pakicetus, terrestre. miniatura|220px|Basilosaurus, xa máis acuático. miniatura|220px|Georgiacetus, acuático.

Suborde Archaeoceti Familia Pakicetidae Familia Ambulocetidae Familia Remingtonocetidae Familia Protocetidae Familia Basilosauridae

Filoxenia

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Archaeoceti en Tree of Life. Archaeoceti

Categoría:Cetáceos Categoría:Fósiles