Guilherme dos Santos Torres, nado en Santo André (São Paulo) o 5 de abril de 1991, é un futbolista brasileiro. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é o Olympiacos FC.
Traxectoria O 18 de xullo de 2016 fichou polo Deportivo da Coruña, cedido por unha campaña polo Udinese Calcio, con opción de compra.
O 15 de xuño de 2017 coñeceuse que o Deportivo exerceu a opción de compra sobre o xogador, polo que fará un desembolso próximo aos 5 millóns de euros, en varios prazos, ao Udinese Calcio, firmando un contrato por catro temporadas co club branquiazul.
O 17 de agosto de 2018 anunciouse o seu traspaso ao Olympiacos F.C. grego. O montante da operación estivo próximo aos 2,5 millóns de euros.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en soccerway.com
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados no estado de São Paulo Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Associação Portuguesa de Desportos Categoría:Xogadores do Sport Club Corinthians Paulista Categoría:Xogadores do Udinese Calcio Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Olympiacos FC