Ricardo Gurriarán Rodríguez, nado no Barco de Valdeorras en 1953, é un historiador galego.

Traxectoria Fillo de Gonzalo Gurriarán Gurriarán, é licenciado en Educación Física (INEF) pola Universidade Politécnica de Madrid, foi profesor no IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela desde 1977 ata a súa xubilación. En 2004 doutorouse en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela, coa tese "A investigación científica en Galicia (1900-1940): institucións, redes formativas e carreiras académicas: A ruptura de Guerra Civil", dirixida por Lourenzo Fernández Prieto.

Foi asesor histórico do filme Os fillos do sol (2017) que desenvolve a súa trama nos inicios da compañía farmacéutica Zeltia nun contexto histórico que Gurriarán investigou na súa tese de doutoramento.

Obra Aportación de la ILE a la educación física del siglo XX. 1996 Florencio Delgado Gurriarán, vida e obra dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista. Ediciós do Castro. 1999. Da prerromanización ao wolfram, apuntamentos históricos das explotacións mineiras en Valdeorras. Tórculo Edicións. 2000. Gonzalo Gurriarán Gurriarán (1904-1975). IEV. 2005. Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940) do influxo institucionista e a JAE á depuración do profesorado. 2006. ISBN 978-84-9750-644-1

Inmunda escoria, a universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela, 1939-1968. Xerais de Galicia. 2010. Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975), 2012 (exposición, coordinador e comisario).Un canto e unha luz na noite A galería de decanos da Facultade de Medicina. Universidade de Santiago de Compostela. 2014. Galicia ten un referente: Isidro Parga Pondal. Deputación provincial da Coruña. 2014.20px "Entrevista…" Zigzag diario, 22/3/2015. «Peinador morreu de pena…» La Voz de Galicia, 5/5/2016.

Recoñecementos Premio de investigación Tertuliano Hervella 2003, 9ª ed., do Instituto de Estudios Valdeorreses (IEV) pola obra Gonzalo Gurriarán Gurriarán (1904-1975). Premio da Crítica Galicia de investigación 2007 pola obra Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940). Premio Lois Peña Novo no ano 2015, 21ª edición."O historiador Ricardo Gurriarán distinguido co premio…" O Barco de Valdeorrras, 27/5/2015. 2026: Premio Alba de Compostela.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Currículo de Ricardo Gurriarán Rodríguez

Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Nados no Barco de Valdeorras Categoría:Nados en 1953 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade Politécnica de Madrid Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Enciclopedistas de Galicia Categoría:Profesores de educación secundaria