Aescwine de Wessex, finado c. 676, foi un monarca do reino anglosaxón de Wessex, pero probabelmente non foi o único rei de Wessex nese momento. Traxectoria Segundo Beda, despois da morte do Rei Cenwalh: . Algunhas tradicións colocan a Aescwine como sucesor da raíña Seaxburh, esposa de Cenwalh. En cambio, outras fontes consideran que a esta última asucedeu o pai de Aescwine, CenfusKirby, D.P., The Earliest English Kings, p.52..

A Crónica anglosaxoa sitúa o comezo do reinado de Aescwine ao redor do ano 674. Nese parágrafo tamén se achega unha xenealoxía, que o fai descendente en quinta xeración de Cynric.

Na Crónica Anglosaxoa tamén se menciona que en 675 Aescwine se enfrontou na batalla de Bedwin contra Wulfhere de Mercia. Aínda que conseguiu repeler ás tropas inimigas, foi incapaz de sacar maior vantaxe da vitoria obtidaLa Crónica Anglosajona en el Proyecto Gutenberg - Copia de dominio público Páx. 26 .

A Aescwine sucedeuno en 676 Centwine.

Notas

Categoría:Finados en 676 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Reis de Wessex