Karmele Jaio Eiguren, nada en Vitoria o 19 de marzo de 1970, é unha xornalista e escritora vasca.
Traxectoria Licenciouse en ciencias de información na Universidade do País Vasco e traballou no xornal Euskaldunon Egunkaria e mais no Gara. Publicou tamén columnas de opinión noutros xornais como o Diario de Noticias de Álava, Deia, Diario de Noticias de Gipuzkoa ou El País. É responsable de comunicación do Instituto Vasco da Muller, Emakunde.
O primeiro libro que publicou, unha colección de relatos, foi Hamabost zauri en 2004. Nese ano gañou o premio Igartza, da editorial Elkar, coa novela Amaren eskuak que publicou en 2006 e que recibiu varios premios máis como o Beterriko Liburua en 2007, e que versionou ela mesma ao castelán co título de Las manos de mi madre publicado en 2008 pola editorial Ttarttalo. No ano 2013 Mireia Gabilondo dirixiu unha versión cinematográfica da novela.
En 2007 publicou outra colección de relatos, Zu bezain ahul e en 2009 a novela Musika airean. En Orain hilak ditugu (2015) recolleu o seu primeiro libro de poesía.A Euskaltzaindia nomeouna académica correspondente o 17 de xullo de 2015.
Obra
Coleccións de relatos Hamabost zauri (2004, Elkar) Zu bezain ahul (2007, Elkar) Ez naiz ni (2012, Elkar)
Novela Amaren eskuak (2006, Elkar) Musika airean (2010, Elkar) Aitaren etxea (2019, Elkar). Traducida ao galego co título A casa do pai.
Poesía Orain hilak ditugu (2015, Elkar'')
Notas
Categoría:Nados en 1970 Categoría:Alumnos da Universidade do País Vasco Categoría:Escritores en lingua éuscara Categoría:Escritores do País Vasco Categoría:Xornalistas do País Vasco Categoría:Nados en Vitoria Categoría:Poetas en lingua éuscara