miniatura
Hilario, nado en Sardeña e finado en Roma o 29 de febreiro de 468, foi o Papa n.º 46 da Igrexa católica entre 461 a 468.
Traxectoria Como arquidiácono actuou como legado de León I Magno no concilio de Éfeso celebrado en 449 e coñecido como o "latrocinio de Éfeso" opoñéndose á condena de Flaviano de Constantinopla o que lle supuxo enfrontarse ao monofisita Dióscoro e verse obrigado a afastarse tanto de Constantinopla coma de Roma para salvar a súa vida.
No momento do seu pontificado, defende (e construíe) a ortodoxia cristiá confirmando os concilios de Nicea, de Éfeso e de Calcedonia . Persegue así a condena das herexías tales como o monofisismo (reafirmando a dobre natureza humana e divina do Cristo), e o arianismo.
Véxase tamén Ligazóns externas Obras
Categoría:Papas Categoría:Finados en 468 Categoría:Nados en Sardeña