Severino Pallaruelo Campo, nado en Puértolas en 1954, é un escritor e investigador aragonés.
Traxectoria Naceu no pequeno lugar de Puyarruego, no val de Puértolas, no corazón dos Pireneos. Licenciado en Xeografía e Historia e profesor de ciencias sociais nun instituto de Sabiñánigo. Publicou numerosas obras de xeografía, historia e mais etnoloxía de Aragón. Entre elas salientas as súas obras sobre oficios antigos, como os navaters: Las Navatas (1984), os pastores: Pastores del Pirineo (1988), os muíñeiros: Los Molinos del Alto Aragón (1994). En 2010 publicou a súa primeira obra en aragonés, o libro O trasgresor piadoso, trátase dunha miscelánea, composto de poemas, reflexións e debuxos, feitos nunha lingua moi rica.
Obras 1984: Viaje por los Pirineos misteriosos de Aragón, Zaragoza. 1984: Las Navatas, Huesca, Instituto Aragonés de Antropología. 1988: Pastores del Pirineo. 1990: Pirineos, tristes montes, reed. Xordica, 2008. Trad. francesa: Tristes montagnes, París, éditions Ramonda, 2010. 1991: Guía del Pirineo aragonés. 1992: Pirineos, diario de la naturaleza. 1993: Bardaxí : cinco siglos en la historia de una familia de la pequeña nobleza aragonesa, Sabiñanigo, Huesca (Instituto Laboral, 30). ISBN 84-604-5860-1 1994: Los Molinos de Alto Aragón. 1997: Un secreto y otros cuentos. 2000: José, un hombre de los Pirineos, Zaragoza, Prames. 2002: Guali, Zaragoza, Prames. 2010: O trasgresor piadoso, Zaragoza, Xordica.
Véxase tamén
Ligazóns externas (es) Severino Pallaruelo Campo na Gran Enciclopedia Aragonesa.
Categoría:Nados en 1954 Categoría:Escritores de Aragón Categoría:Escritores en lingua aragonesa Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en Puértolas Categoría:Etnólogos