Ouranopithecus é un xénero extinto de grandes simios eurasiáticos representado por dúas especies, Ouranopithecus macedoniensis, un hominoide do Mioceno Tardío (hai 9,6–8,7 Ma) de Grecia e Bulgaria,N. Spassov, D. Geraads, L. Hristova, G.N. Markov, G. Merceron, T. Tzankov, K. Stoyanov, M. Böhme, A. Dimitrova. "A hominid tooth from Bulgaria: The last pre-human hominid of continental Europe" e Ouranopithecus turkae, tamén do Mioceno Tardío (8,7–7,4 Ma) de Turquía.
Sistemática Baseándose na anatomía facial e dental de O. macedoniensis''', suxeriuse que Ouranopithecus era realmente un driopitecino. Porén, os ouranopitecinos están probablemente máis estreitamente relacionados cos Ponginae. Algúns investigadores consideran que O. macedoniensis é o último antepasado común de simios e humanos, e un predecesor de australopitecinos e humanos, aínda que isto é moi polémico e non está amplamente aceptado. É certo que O. macedoniensis comparte características derivadas con algúns dos primeiros homininos (como o seo frontal, unha cavidade na fronte), pero case con certeza non son especies estreitramente relacionadas. Suxeriuse que pode ser un sinónimo taxsonómico de Graecopithecus freybergi, aínda que isto foi moi discutido na literatura.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Anoiapithecus Chororapithecus Dryopithecus Nakalipithecus Pierolapithecus Samburupithecus''
Ligazóns externas Liña do tempo humana interactiva – Smithsonian, National Museum of Natural History (agosto de 2016).
Categoría:Simios prehistóricos Categoría:Fósiles