Aldeia do Bispo é unha localidade portuguesa do concello de Penamacor que foi sede da antiga freguesía de Aldeia do Bispo. A freguesía tiña unha superficie de 6,51 km² e 676 habitantes segundo o censo de 2011, cunha densidade de poboación de 103,8 hab./km².

A freguesía foi suprimida no contexto da reorganización administrativa de 2012-2013, e o seu territorio integrouse na Unión das freguesías de Aldeia do Bispo, Águas e Aldeia de João Pires.miniatura|Localización no concello de Penamacor. Poboación

Xeografía Aldeia do Bispo está situada nun val, nas marxes da ribeira da Raivosa, afluente da ribeira das Taliscas, no cruzamento dos camiños cara ás freguesías de Águas, Bemposta, Aranhas, Aldeia de João Pires e Penamacor. Atópase a aproximadamente 7 km da capital municipal.

Historia Descoñécese con precisión a data de fundación da freguesía, así como a orixe do seu topónimo. A inscrición máis antiga coñecida atopada en pedra foi interpretada como do ano 1628. Na rúa do Outeiro, onde segundo a tradición existiu unha praza, atopouse nunha casa a data de 1696 gravada no lintel da porta.

Sobre a orixe do nome existen varias hipóteses. Segundo algúns autores, a palabra aldea procede do árabe الضيعة (*ad-Dai'hâ*), que significa «pequeno asentamento» ou «lugar habitado».

Patrimonio Capelas do Espírito Santo, de Santo António, de Nosa Señora das Necesidades e de San Sebastián Cruceiro Nicho Estación arqueolóxica de Lameira Larga Notas

Categoría:Freguesías do distrito de Castelo Branco