O zifio de Sowerby,Lahuerta e Vázquez (2000), p. 313. ou cifio de Sowerby,Guía dos mamíferos de Galicia, Juan Ignacio Díaz d'a Silva, Yosy Cartelle Serantes, Baía Edicións, 2007. (Mesoplodon bidens), é unha especie de mamífero cetáceo odontoceto da familia dos zifíidos.
Foi o primeiro zifio descrito. O seu nome específico, bidens, fai referencia ao par de dentes presentes no extremo da mandíbula dos machos, que hoxe en día se sabe que é unha característica moi común no xénero Mesoplodon.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1804 polo naturalista e ilustrador inglés James Sowerby, en Transactions of the Linnaean Society, London 7: 310,Mesoplodon bidens (Sowerby, 1804) no WoRMS.Mesoplodon bidens en MSW co nome de Physeter bidens.Physeter bidens Sowerby, 1804 no WoRMS. Máis tarde foi separado do xénero do cachalote e incluído en Mesoplodon, xénero que foi creado en 1850 polo paleontólogo francés Paul Gervais.Ao seu descritor e ao que debe o seu nome específico vulgar.
Sinonimia Ademais de polo protónimo de Sowerby, e do nome actualmente válido, a especie foi coñecida tamén polos numerosos sinónimos seguintes:
Aodon dalei Lesson, 1828 Delphinorhynchus micropterus F. Cuvier, 1836 Delphinorhynchus sowerbyi Gray, 1846 Delphinus micropteron Tomilin, 1957 Delphinus micropterus G. Cuvier, 1829 Delphinus sowerbensis Blainville, 1817 Delphinus sowerbi Eschricht, 1851 Delphinus sowerbyensis Eschricht, 1852 Delphinus sowerbyi Desmarest, 1822 Diodon sowerbaei Bell, 1837 Diodon sowerbi Hamilton, 1837 Diodon sowerbyi Lesson, 1828 Heterodon dalei Lesson, 1827 Mesodiodon sowerbyi Duvernoy, 1851 Mesoplodon sowerbensis Gervais, 1859 Mesoplodon sowerbiensis J. A. Allen, 1869 Micropteron bidens Malm, 1871 Micropteron sowerbiensis Van Beneden, 1868 Nodus dalei Gray, 1850 Ziphius sowerbiensis Gray, 1846
Características miniatura|250px|Detalle da mandíbula do macho, co característico dente triangular.
Presenta a morfoloxía típica das especies do seu xénero, das que se distingue principalmente polo par de dentes triangulares dos machos situados cara a diante no medio da mandíbula, que poden emerxes das enxivas 3 ou 4 cm (nas femias e nos machos inmaturos quedan ocultos baixo as enxivas. O corpo, fusiforme, é moi alongado, e algo comprimido lateralmente. É un zifio de tamaño mediano, de 4 a 5,5 m de lonxitude (as femias algo menores que os machos), e que alcanza entre os 1 000 e os 1 500 kg de peso. O cranio presenta os maxilares superiores estreitos e alongados acabados en punta. A cabeza estréitase moito cara ao bico, que é moderadamente logo. A fronte é convexa e escasamente bulbosa, e presenta un avultamento diante do espiráculo. O melón é lixeiramente convexo.A gorxa presenta unhas pregas a ambos os lados da cara, máis xuntas no bico e que se proxectan formando un "V" aberto. A aleta dorsal é pequena e falciforme (en forma de fouciño), ás veces triangular, situada no terzo posterior do lombo e co extremo arredondado. As aletas pectorais son pequenas, e o animal dispón dunhas alforxas onde as pode repregar durante o mergullo. A aleta caudal está formada por dous lóbulos cóncavos e rematados en punta, non presentando fendedura entre eles. A coloración é gris escura no dorso, aclarándose nos flancos até chegar á cor abrancazada ra rexión ventral; presentan un parche escuro ao redor dos ollos; as aletas pectorais son escuras polo doso. O corpo dos machos presenta frecuetemente numerosas cicatrices producidas polos dentes de machos rivais durante os enfrontamentos entre eles.Díaz d'a Silva e Cartelle (2007), p. 124.
Hábitat e distribución miniatura|250px|Distribución do zifio de Sowerby. O zifio de Sowerby habita case exclusivamente mas augas máis frías do Atlántico norte, desde as costas de Massachusetts (Estados Unidos de América) e da península do Labrador (Canadá), polo oeste, até as de Islandia e Noruega (polo norte), ás do golfo de Biscaia (polo sur), no leste. É a especie do xénero Mesoplodon de disribución máis setentrional, coa maioría dos rexistros situados máis ao norte dos 30° N. Porén, moi rara vez se avista no gran norte, e frecuenta sobre todo as costas da Europa occidental. Así e todo rexistráronse un bo número de varamentos considerados fóra do límite da súa área de dispersión, tanto no mar Mediterráneo, como o golfo de México. A súa presenza en augas próximas a Galicia é accidental.
Viven xeralmente en augas de 200 a 1 500 m de profundidade.Mesoplodon bidens na ADW.
Bioloxía Os zifios de Sowerby son animais solitarios que se manrteñen afastados dos barcos e por iso son raramente observados. Ás veces forman grupos de até 10 individuos. Poden mergullarse até 30 min.
Pénsase (polos restos achados nos seus estómagos) que se alimentan principalmente de cefalópodos e de moluscos peláxicos, e tamén de pequenos peixes, como bacallaus inmaturos.
Pouco é o que se sabe sobre a reprodución desta especie. A madurez sexual alcánzase aos 4 ou 5 anos en ambos os sexos. A xestación e o período de aleitamento poden durar até os dous anos, polo menos. As crías miden entre 2,4 e 2,7 m ao neceren, e pesan até 185 kg.Maurizio Würtz e Nadia Repetto (1999): Dauphins et Baleines. París: Gründ. ISBN 2-7000-3421-X, p. 150.
Estado de conservación O zifio de Sowerby foi cazado de modo marxinal polos baleeiros noruegueses, pero esta práctica xa foi abandonada desde hai moito tempo. Rexístranse algunhas mortes debido ao quedaren enleados algúns individuos en redes de pesca, pero este fenómeno é pouco probábel que sexa realmente prexudicial para a especie.
Desde 1996 a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) vén cualificando o status da especie como DD (datos insuficientes), consideración que se mantén a día de hoxe (2016). Esta cualificación baséase en que non hai informacións sobre a abundancia global desta especie, nin as tendencias sobre a evolución desta. Porén crese que é pouco común, e que é potencialmente vulnerábel a ameazas de baixo nivel e non se pode descartar unha redución global do 30 % da súa poboación en tres xeracións.Taylor, B. L.; Baird, R.; Barlow, J.; Dawson, S. M.; Ford, J.; Mead, J. G.; Notarbartolo di Sciara, G.; Wade, P. & Pitman, R. L. (2008): Mesoplodon bidens na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2016-1. Consultada o 23-08-2016.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Carwardine, Mark (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1037-3. Díaz d'a Silva, J. I. e Cartelle, Y. (2007): Guía dos mamíferos de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-96893-20-7. Duguy, R. e Robineau, D. (1987): Guía de los mamíferos marinos de Europa. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0811-5. Heyning, John E (2002): "Cuvier's Beaked Whale", en Jefferson, Thomas A. Encyclopedia of Marine Mammals, pp. 305–307. San Diego, California: Academic Press. ISBN 0-12-551340-2. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Perrin, William F., Bernd Würsig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9 Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Jonhns Hopkins Ubniversity Press. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos Cetáceos Odontocetos Zifíidos Mesoplodon
Ligazóns externas Mesoplodon bidens na ADW. Con abundante información e bibliografía . Mesoplodon bidens na EOL. Mesoplodon bidens no ITIS. Mesoplodon bidens en Fossilworks. Mesoplodon bidens en North American Mammals. Smithsonian Institution . Sowerby's Beaked Whale Mesoplodon bidens en Texas Marine Mammal Stranding Network . Mesoplodon bidens na SeaLifeBase.
Categoría:Ziphiidae Categoría:Mamíferos de Galicia Categoría:Cetáceos do océano Atlántico Categoría:Animais descritos en 1804