Noela Blanco Rodríguez, nada en Ourense en 1981, é unha política galega do PSdeG.

Traxectoria Filla do sindicalista Etelvino Blanco. Licenciouse en Ciencias Ambientais pola Universidade de Cádiz e traballou como técnica en prevención de riscos laborais en Sogama desde 2008 ata 2015. En maio de 2015 substituíu a Pachi Vázquez no Parlamento de Galicia. Nas eleccións autonómicas de 2016 foi elixida deputada pola provincia de Ourense. No ano 2017 foi candidata á Secretaría provincial do PSdeG de Ourense perdendo as primarias fronte a Rafael Rodríguez Villarino.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no Parlamento de Galicia.

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alumnos da Universidade de Cádiz Categoría:Deputados da IX Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1981 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes