A República Italiana foi unha República irmá, un Estado satélite da Primeira República Francesa, que existiu entre 1802 e 1805, e estaba situado no norte de Italia, con capital na cidade de Milán, e que ocupaba o territorio do antigo Ducado de Milán e parte da Emilia-Romaña.
Historia Francia ordenou modificar a Constitución dun dos seus estados satélite, a República Cisalpina, para permitir que o Primeiro Cónsul francés, Napoleón Bonaparte, se convertese no seu presidente, pasando a denominarse República Italiana. O territorio que comprendía a República Cisalpina non cambiou coa nova denominación.
Esta república deixou de existir o 26 de maio de 1805, cando se transformou no Reino de Italia, logo da coroación de Napoleón Bonaparte como emperador de Francia, asumindo este o título de rei de Italia.
Subdivisións
A República Italiana estaba dividida e 12 departamentos:Legge 23 fiorile anno IX (Lei do 23 de floreal do ano IX). (Entre parénteses, as capitais respectivas). Agogna (Novara) Alto Po (Cremona) Basso Po (Ferrara) Crostolo (Reggio) Lario (Como) Mella (Brescia) Mincio (Mantua) Olona (Milán) Panaro (Módena) Reno (Boloña) Rubicone (Cesena) Serio (Bérgamo)
Notas
Véxase tamén Bibliografía Louis Bergeon, François Furet e Reinhart Koselleck (1976): Historia Universal 26. La época de las Revoluciones Europeas. 1780-1848. Ed. Siglo XXI de España. ISBN 978-84-323-0219-0. T .C. W. Blanning (1996): The French Revolutionary Wars, 1787-1801. Hodder Education Publishers; ISBN 0-340-64533-4.
Outros artigos Ducado de Milán Guerras napoleónicas República Cisalpina Reino de Italia (1805-1814)
Ligazóns externas Il Museo del Tricolore
Categoría:Estados desaparecidos da Península Itálica Categoría:Guerras Napoleónicas Categoría:Historia contemporánea de Italia Categoría:Repúblicas irmás Categoría:Repúblicas desaparecidas