Román Pereiro Alonso, nado en Vigo en 1933, é un médico, fotógrafo, crítico de arte, coleccionista e escritor galego.

Traxectoria Fillo de médico, estudou a mesma carreira na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1956, e ampliou estudos en Madrid e París, nos campos da citopatoloxía e a anatomía patolóxica.

Foi un dos principais promotores do Grupo Atlántica. (2008) "A creación plástica", p. 85, en Galicia 25, unha cultura para un novo século (9,09 MB) CCG 1983-2008. ISBN 978-84-96530-73-7.

Dirixiu o museo do Real Club Celta de Vigo. Foi membro do padroado do Museo Municipal Quiñones de León e presidente da Asociación de Críticos de Arte de Galicia.

Cartografía procedente da súa colección exponse na Casa da Navegación de Baiona.

Obra bibliográfica A batalla de Rande, mapas e gravados (1699-1715), ed. trilingüe, Galaxia, 2002, ISBN 84-8288-588-X. Luz verde, 2010, catálogo da exposición fotográfica na Casa Galega da Cultura.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas 20px Entrevista .

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1933 Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Críticos da arte Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela