O Aquila Basket Trento, actualmente coñecido como Dolomiti Energia Trento por motivos de patrocinio, é un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Trento, Trentino-Tirol do Sur. Fundado en 1995 como fusión de dous clubs locais, actualmente compite na Lega Basket Serie A, máxima competición do baloncesto transalpino.

Historia O Aquila Basket nace en 1995 grazas a Gianni Businelli e Marco Angelini, presidentes, respectivamente, do Dolomiti Sport BC Trento e do Pallacanestro Villazzano, ambos clubs da Serie D. No ano 2000, Giovanni Zobele converteuse no presidente do club e a mesma temporada o club ascende á Serie C2, ascendendo á Serie C1 tan só dous anos despois. Tras anos en categorías inferiores, na temporada 2011−12, o Trento conseguiu promover á LegaDue. O club adaptouse rapidamente á segunda división, conseguindo disputar os play-offs polo ascenso na súa primeira temporada, aínda que finalmente sen éxito. Porén, na seguinte temporada o equipo mellora os seus resultados, finalizando primeiros na fase regular e conseguindo o seu ascenso á máxima categoría. A súa primeira temporada na elite foi tamén un gran suceso, finalizando no seu primeiro ano no cuarto posto, contando sobre todo coa axuda de Tony Mitchell, máximo anotador e MVP da Serie A. Isto permitiu que na temporada 2015−16 o equipo debutase en competicións europeas, concretamente na Eurocup, onde chegaron ás semifinais, nas que perderon ante o Strasbourg IG francés.

Patrocinadores Ao longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como: Soci Trento (1995−2005) Bitumcalor Trento (2005−2013) Aquila Basket Trento (2013−2014) Dolomiti Energia Trento (2014–presente)

Historial Temporada Liga Copa EuropaNivelLigaPlayoffNivelResultadoNivelLigaResultado 2011–12 3 DNA Campións 3 Semifinalista – 2012–13 2 LegaDue8 Semifinalista 2 Campións – 2013–14 2 DNA Gold 1 Campións 2 Subcampións – 2014–15 1 Serie A4 Cuartofinalista 1 Cuartofinalista – 2015–16 1 Serie A 8 Cuartofinalista 1 Semifinalista <center>2 Eurocup <center> 2016–17 1 Serie A 4 Subcampións – – 2017–18 1 Serie A 5 Subcampións – <center>2 Eurocup <center> 2018–19 1 Serie A 6 Cuartofinalista – <center>2 Eurocup <center> 2020–21 1 Serie A 8 Cuartofinalista – <center>2 Eurocup <center> 2021–22 1 Serie A 13 – 1 Cuartofinalista <center>2 Eurocup <center>

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos de baloncesto de Italia