Majlinda Kelmendi, nada o 9 de maio de 1991, é unha judoka kosovar dobre campioa do mundo e con dous títulos europeos. Compite na categoría de 52 kg.

No 2014, Majlinda subiu ó máis alto da Clasificación Mundial de Judo feminino e foi condecorada polo Presidente de Kosovo, Atifete Jahjaga coa "Medalla Presidencial ó Mérito". O 7 de agosto de 2016, converteuse na primeira deportista kosovar en gañar unha medalla nuns Xogos Olímpicos, en Río de Xaneiro. Representou a Albania no 2012, mais non conseguiu ningunha medalla.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Kosovo nos Xogos Olímpicos

Categoría:Nados en 1991 Categoría:Judokas olímpicos de Albania Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Kosovo Categoría:Judokas olímpicos de Kosovo Categoría:Judokas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Judokas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Medallistas olímpicos en judo Categoría:Judokas nos Xogos Olímpicos de 2020