A Anunciada, popularmente coñecida como Corea, é un lugar da parroquia de Santa María de Fóra de Baiona, no concello pontevedrés de Baiona. Segundo o IGE, no 2015, tiña 210 habitantes (109 homes e 101 mulleres).
Historia O barrio da Anunciada está constituído por vivendas de protección oficial construídas no ano 1939, logo da guerra civil española. Estas vivendas tiñan por obxectivo elevar o nivel de vida da xente máis humilde que vivía en sotos e pisos co chan de terra (casas terreñas). Inauguráronse na década de 1950. As primeiras familias trasladáronse alí cando non había auga nin luz, a cambio dunha renda moi baixa.
Antes de se construíren as vivendas, o lugar recibía o nome do Piñeiro. Asignóuselle o nome da Anunciada na honra da Virxe da Anunciada, patroa de Baiona.
Lugares e parroquias Lugares de Santa María de Fóra de Baiona
Parroquias de Baiona
Notas
Categoría:Lugares de Baiona