miniatura|Immanuel Nobel Immanuel Nobel, nado en Gävle o 24 de marzo de 1801 e finado en Estocolmo o 3 de setembro de 1872, foi un enxeñeiro, arquitecto, inventor e industrial sueco.
Traxectoria Membro da familia Nobel, é o pai de Robert Nobel, Ludvig Nobel e Alfred Nobel. Embarcou aos 14 anosTolf, Robert W. (1976). The Russian Rockefellers: The Saga of the Nobel Family and the Russian Oil Industry Hoover Institution Press: Stanford, p. 1. e tras tres anos en mar aberto, estudou aquitectura en Estocolmo na Real Academia de Artes de Suecia e no Real Instituto de Tecnoloxía. Despois de rematar os seus estudos construíu pontes e rehabilitou e construíu casas, unha das máis coñecidas foi unha nos Kungsträdgården.Fant, Kenne (2006). Alfred Nobel: A Biography Arcade Publishing, p. 13. Fundou unha pequena fábrica de caucho e inventou o torno a rotación que se utiliza para a fabricación de contrachapados. Realizou unha versión mellorada dunha mina submarina que interesou ao tsar Nicolao I e que o levou a establecerse en San Petersburgo en 1838, e alí permaneceu dúas décadas coa súa familia.
Fundou unha fábrica de subministracións de guerra, Fonderies et Ateliers Mécaniques Nobel Fils, co que logrou grandes beneficios. Secasí, a morte de Nicolao en 1855 e a fin da Guerra da Crimea en 1856 supuxo un cambio nas políticas rusas e o novo tsar Alexandre II recurtou severamente o orzamento militar, o que levou a serias dificultades económicas á empresa de Immanuel. En 1859 pasou a administración técnica ao seu fillo Ludvig e el volveu a Suecia. Nas proximidades de Estocolmo construíu unha fábrica onde os seus fillos Alfred e Emil experimentaron coa nitroglicerina. En 1862 os acredores venderon finalmente a empresa rusaLeVine, Steve (2007). The Oil and the Glory. Random House. ISBN 978-0-375-50614-7. p. 16. e tras Alfred Nobel inventar un detonador para controlala Immanuel comercializou a nitroglicerina, aínda que tras unha explosión na que morreu o seu fillo Emil trasladou a produción a un barco ancorado nun lago.
Notas
Categoría:Nados en 1801 Categoría:Finados en 1872 Categoría:Empresarios de Suecia Categoría:Nados no condado de Gävleborg Categoría:Inventores Categoría:Arquitectos de Suecia Categoría:Enxeñeiros de Suecia