Persea é un xénero de ao redor de 100 especies aceptadas, das case 400 descritas, de árbores perennifolias da familia das lauráceas (Lauraceae).Persea O membro máis coñecido é o aguacate ou abacateiro (Persea americana), moi cultivado en rexións subtropicais polos seus froitos comestíbeis.
Descrición Son arbustos e árbores medianas duns 15–30 m de altura na madureza. As follas, perennes, son simples, lanceoladas a lanceoladas largas, pubescentes cando novas, con nervios prominentes no envés, variando entre especies entre 5–30 cm de lonxitude, e 2–12 cm de largo, de disposición espiral ou alterna nos talos. As flores, pedunculadas, organízanse en cimas compostas axilares; son bisexuais, con 6 tépalos pubescentes verde amarelados de 3–6 mm de lonxitude, case iguais ou cos 3 exteriores máis pequenos, xeralmente persistentes no froito, 9 estames en 3 ringleiras concéntricas e un ovario globoso con estilo estreito, pubescente e de estigma discoidal. O froito é unha drupa globular, ovalada ou aperada, con pericarpo de cor verde escuro até case negro, máis ou menos tuberculado e cun mesocarpo carnoso e unha única semente sen endospermo, arrodeada por un tegumento papiráceo a miúdo intimamente adherido ao mesocarpo.PerseaPersea Ten un tamaño moi variábel segundo as especies, desde 1-1,5 cm en P. borbonia e en P. indica, até máis de 10–20 cm en P. americana.
Distribución e hábitat As especies de Persea teñen unha heteroxénea distribución, con preto de 70 especies do Neotrópico, do Brasil a Chile en Suramérica a Centroamérica e México, as Indias Occidentais, o sueste dos Estados Unidos; unha soa especie, P. indica, endémica das Illas de Macaronesia, incluíndo a Madeira e as Illas Canarias; e 80 especies do leste asiático e sueste de Asia.
Ningunha das especies é moi tolerante a fríos severos, agás P. borbonia, P. ichangensis e P. lingue, que sobreviven temperaturas debaixo dos -12 °C; tamén precisan de solos húmidos continuos, e non aturan a seca.
As evidencias fósiles indican que o xénero tivo a súa orixe en África Occidental durante o Paleoceno e estendeuse por Asia, por Suramérica, despois por Europa e finalmente a América do Norte. Considérase que o gradual desecamento de África, Asia Occidental e o Mediterráneo do Oligoceno ao Plistoceno, e a glaciación de Europa durante o Plistoceno, foi o que causou a extinción do xénero nesas rexións, resultando na actual distribución.
Ecoloxía As especies de Persea son o alimento das larvas dalgunhas especies de lepidópteros (bolboretas e avelaíñas), incluíndo Coleophora octagonella (que come exclusivamente de P. carolinensis) e Hypercompe indecisa.
Clasificación O xénero Persea ten tres subxéneros. O subxénero asiático Machilus é tratado en separado do xénero Machilus por moitos autores, incluído en Flora of China, con incompatibilidade de enxerto entre o subxénero Persea e o Eriodaphne que suxire que sería mellor tratalos como distintos xéneros; de feito Kostermans (1993) definiu o xénero Mutisiopersea para este. Outro xénero estreitamente relacionado Beilschmiedia inclúese algunhas veces en Persea. Subxénero Persea - Centroamérica. dúas especies. Persea americana Mill. - Aguacate, abacateiro. Persea americana Mill. var. drymifolia ( Schltdl. & Cham.) S.F.Blake Persea americana var. floccosa Persea americana var. guatemalensis Persea americana var. nubigena Persea americana var. steyermarkii Persea schiedeana - Coyo Subxénero Eriodaphne (Mutisiopersea) - Américas, Macaronesia, unhas 70 especies. Persea alpigena Spreng. Persea borbonia Spreng., denominada en Cuba e Porto Rico chamado de redbay en inglés ou de aguacatillo en españolLexicón de Fauna e Flora. Persea caerulea (Ruiz & Pav.) Mez Persea cinerascens Blake Persea donnell-smithii Mez Persea indica Persea lingue Persea longipes Persea palustris Persea skutchii Subxénero Machilus - Asia, unhas 80 especies Persea edulis Persea ichangensis Persea japonica Persea macrantha Persea nanmu Persea thunbergii Persea yunnanensis
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Avocado source. Información sobre o aguacate e o xénero Persea Flora of North America: Persea Flora of China: Machilus. Listaxe completa das especies de Machilus na China