A basílica da Transfiguración (en hebreo: כנסיית ההשתנות) é unha igrexa franciscana situada no monte Tabor en Israel. Tradicionalmente os cristiáns cren que é o sitio onde a Transfiguración de Xesús tivo lugar, un evento descrito no Evanxeo no que Xesús se transfigura nunha montaña sen nome e fala con Moisés e Elías.
A igrexa actual, parte dun complexo dun mosteiro franciscano, foi terminada en 1924. O arquitecto foi Antonio Barluzzi. Foi construída sobre as ruínas dunha antiga igrexa bizantina (IV-Vi século) e unha igrexa do século XII da época das cruzadas. Hai tamén unha igrexa ortodoxa grega situada no monte Tabor, adicada á mesma finalidade.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Transfiguración de Xesús Basílica
Ligazóns externas
Categoría:Basílicas Categoría:Catolicismo en Israel