dereita|miniatura|Kalimba Un lamelófono é unha familia de instrumentos musicais formada por aqueles que posúen lingüetas vibratorias suxeitas por un extremo. O seu nome deriva da forma na que se produce o son, o instrumento ten unha serie de laminiñas, ou "linguas", e cada unha se fixa nun dos extremos mentres o outro queda libre. A música prodúcese por vibración ao premer e logo soltar o extremo libre da lámina. Os lamelófonos constitúen a categoría 12 do sistema Hornbostel-Sachs de clasificación dos instrumentos musicais.

Lamelófonos africanos dereita|miniatura|200x200px|Kouxian Un gran número de lamelófonos son orixinarios de África, onde se coñecen por diferentes nomes como mbira, sanza, kisanji, likembe, kalimba ou kongoma. Coñécese a súa existencia desde o século XVI. O instrumento caribeño marímbula pertence tamén a esta familia.

Véxase tamén Outros artigos Idiófono

Categoría:Instrumentos musicais