Joan Cornellà Vázquez, nado en Barcelona o 11 de xaneiro de 1981, é un ilustrador e autor de banda deseñada catalán. As súas viñetas caracterízanse por ser unha mestura entre surrealismo e humor negro. Gañou recoñecemento a través da difusión das súas obras por Facebook.

É defensor da ilimitación da liberdade de expresión.

As súas historietas seguen o mesmo esquema de seis viñetas mudas. Ademais, nunca trata temas locais ou relacionados cun país concreto.

Biografía Colaborou en publicacións como La Cultura del Duodeno, El Periódico, Le Monde, TMEO, o diario Ara e The New York Times.

No 2009, gañou a terceira edición do Premio Josep Coll na categoría de menores de 30 anos con Abulio, publicado o ano seguinte por Ediciones Glénat.Yexus (2010): «Los nombres que saltan a escena», artigo do 8 de novembro de 2010 en El Diario Montañés.

Máis tarde empezaría a colaborar coa revista El Jueves realizando historietas para a sección de actualidade. No 2012, aparece Fracasa mejor, unha selección das historietas en branco e negro realizadas durante os tres anos anteriores. Gran parte do material é inédito, aínda que tamén contén material publicado en El Jueves e diversos fanzines.

No 2013, publica Mox Nox, unha recompilación de historietas mudas dunha soa páxina e autoconclusivas, cuxo contido está considerado humor negro e absurdo.

Obra AnoTítuloFormatoPublicaciónISBN2010Abulio64 páxinas en B/NEdiciones GlénatISBN 978-84-9947-031-32012Fracasa Mejor48 páxinas en B/N. 17x23cmAutoedición2013Mox Nox48 páxinas en corBang edicionesISBN 978-84-1505-197-82015Zonzo48 páxinas en corAutoedición

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Personalidades da banda deseñada Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Barcelona