miniatura|190px|Roxerio II de Sicilia. O Reino de Sicilia (en latín, Regnum Siciliae; en italiano, Regno di Sicilia) foi un estado que existiu desde o principio da Baixa Idade Media até o Congreso de Viena, despois da caída do emperador Napoleón Bonaparte.
A súa orixe remóntanse ao ano 1130, en que foi creado, para Roxerio II, polo antipapa Anacleto II, un reino que comprendía, ademais da illa de Sicilia, os territorios da Península Itálica de Calabria, Puglia e Campania, onde se encontraba a cidade de Nápoles (que foi capital do reino durante vinte anos, entre 1266 e 1282).
Conquista e dominación normanda (1071-1198)
Antecedentes
No sínodo de Melfi de agosto de 1059, o papa Nicolao II investiu a Robert Guiscard (ou Roberto Guiscardo ou Roberto de Hauteville) como duque de Puglia, Calabria e Sicilia,Rosamond McKitterick, David Luscombe, Jonathan Riley-Smith, Paul Fouracre, Timothy Reuter, David Abulafia, C. T. Allmand, Michael Jones (2004). The New Cambridge Medieval History IV. Cambridge University Press. Páx. 107. exhortándoo a que completara a conquista dos territorios bizantinos. Roberto e o seu irmán Roxerio formaban parte dun grupo de mercenarios normandos que foran pagados polos bizantinos, que desexaban expulsar aos sarracenos da Península Itálica.
O Condado de Sicilia, precursor do Reino Contra o ano 1071, Roxerio, o irmán de Roberto Guiscardo, conquistou a totalidade da illa. En 1072, tras a conquista de Palermo, Roberto invistiu ao seu irmán Roxerio como conde de Sicilia, coñecido como o Gran Conde. Con Roxerio I iniciouse a dinastía Hauteville en Sicilia.
Os inicios do Reino
En 1130, o antipapa Anacleto II II investiu a Roxerio II, o fillo e sucesor do Gran Conde Roxerio, como rei de Sicilia, quen se fai seu feudatario, o que provocaría un problema político cando a dinastía Hohenstaufen tomara o poder no reino de Sicilia. A investidura sería recoñecida en 1139 polo papa Inocencio II.
Roxerio II creou unha poderosa frota no Mediterráneo central.
En 1135 conquistou as costas de Tunisia, creando o Reino de África (un protectorado do seu Reino de Sicilia).
Os descendentes de Roxerio II, Guillerme I, Guillerme II, Tancredo (fillo ilexítimo de Roxerio II) e Guillerme III (fillo de Tancredo), reinaron en Sicilia desde a morte de Roxerio II, en 1154, até 1189.
Guillerme II non tivo descendencia, polo que nomeou herdeira lexítima á súa tía, Costanza I de Sicilia (irmá de Roxerio II).
Esta casou co emperador do Sacro Imperio Romano-Xermánico Henrique VI, o que permitiu a chegada ao poder da dinastía Hohenstaufen.
O papa Clemente III, temendo polos bens da Igrexa en Sicilia ao subir ao poder a dinastía Hohenstaufen, rexeitou o matrimonio entre Costanza e o emperador Henrique VI.
Clemente insta ao emperador a renderlle xuramento de vasalaxe, pero o emperador négase. O papa decide entón dar o seu apoio a Tancredo de Sicilia, fillo bastardo de Roxerio II, que morre en 1194.
Dominación Hohenstaufen (1194-1266)
miniatura|190px|Henrique VI e Costanza. miniatura|190px|Frederico II de Sicilia.
Henrique VI proclámase rei de Sicilia o 25 de decembro de 1194, en Palermo, xunto coa súa esposa Costanza I de Sicilia.
O seu reinado sería moi curto, xa que morreu en 1197. Entre esta data e 1220, o papa intenta frear o poder dos Hohenstaufen en Sicilia.
En 1220 Frederico II, o fillo de Henrique VI, proclámase emperador. No mes de decembro, en Capua, derroga a lei normanda e cancela as concesións que se fixeran en 1189, para castigar así aos que aproveitaron o baleiro de poder para facerse fortes.
O Reino de Sicilia porén non tiña ningún poder central como nas demais monarquías, e os baróns e os bispos usurpaban as prerrogativas reais.
Para poñer fin a esta desorde, Frederico II que, ademais de Rei de Sicilia era emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico e rei de Chipre e de Xerusalén, promulgou, o 1 de setembro de 1231, no castelo de Melfi (hoxe na provincia de Potenza, Basilicata), as chamadas Constitucións de Melfi (tamén coñecidas como Constitución de Melfi e como Liber augustalis) que constitúen unha, pero tamén das máis rendíbeis, das realizacións de Frederico II Hohenstaufen.
Trátase dunha serie de leis e normas que rexen a convivencia. Admirador de Augusto, Frederico II, coa axuda do seu chanceler Pierre des Vines, redactou un conxunto de leis chamado Liber augustalis. (Cómpre dicir, anecdoticamente, que este Liber Augustalis considérase tamén como a primeira colección de leis e regulamentos relacionados coa fabricación de medicamentos).
miniatura|esquerda|Augustal da ceca de Messina a nome de Frederico II
As Constitucións de Melfi son unha reforma dos Assises de Capua (Sesións de Capua) de 1220, que á súa vez reformaban as Assises de Ariano (Sesións de Ariano), dadas polo seu avó Roxerio II de Sicilia en 1140. Suponse que o emperador Frederico II foi el mesmo o autor das Constitucións, aínda que a influencia do arcebispo de Capua Giacommo Amalfitano foi notábel.
Inmediatamente foron reprobadas polo papa Gregorio IX porque supoñían unha lexislación exterior e contraria á Igrexa.
Estas Constitucións, inspiradas no dereito romano e no dereito canónico foron feitas para racionalizaren o funcionamento do Estado. Para iso, Frederico instaurou unha centralización do Estado e unha simplificación dos procedementos xudiciais. Por último, para fomentar o comercio, reduciu os impostos. Con elas, Frederico II reorganizou o Reino de Sicilia como unha Monarquía autoritaria cun goberno centralizado, afastado do feudalismo. Estas leis continuaron sendo, cunhas mínimas reformas, as leis básicas de Sicilia até 1819.
Dominación anxevina (1266-1282) e divisón do Reino
miniatura|160px|Carlos de Anjou. Ao subir ao trono Manfredo de Sicilia o papa Clemente IV excomungouno por ser fillo ilexítimo do seu pai Frederico II, devolvendo o Reino de Sicilia ao papado.
Pero en 1262, Costanza II de Sicilia, filla do anterior rei, Manferdo, casa con Pedro III o Grande, rei de Aragón, de Valencia e conde de Barcelona.
Esta situación provocou un enfrontamento entre a dinastía Hohenstaufen e a Casa de Aragón, xa que sendo Costanza a herdeira de Manfredo, provocou a antipatía do papa francés Clemente IV, que buscou a axuda en Carlos de Anjou, irmán máis novo do seu aliado Lois IX de Francia, san Lois.
As tropas de Carlos de Anjou entraron na illa e loitaron con Manfredo I Hohenstaufen na batalla de Benevento, na que o venceron, e Carlos foi coroado rei de Sicilia en Roma en 1266, como Calos I de Sicilia, inaugurando así a dinastía Anxevina.
Baixo o reinado de Carlos de Anjou e, posteriormente, o do seu fillo Carlos II, o norte do territorio foi moi favorecido en detrimento do sur, e así, entre outras cousas, a capital do Reino foi trasladada de Palermo a Nápoles. Esta situación de dominación anxevina concluiría coas chamadas Vésperas sicilianas,I Vespri siciliani que conducen á división do Reino de Sicilia, en 1282, no Reino da Sicilia peninsular (coñecido como reino de Nápoles), baixo dominio anxevino, e o reino de Sicilia insular, o Reino de Trinacria, baixo dominio aragonés.
Dominación aragonesa (1282-1442)
miniatura|210px|Pedro III chega a Trapani. miniatura|210px|Pedro III. Miniatura de ca. 1315. Co matrimonio da herdeira legal de Manfredo I, Costanza II de Sicilia, con Pedro III o Grande, o Reino de Sicilia convértese nun dos principais intereses do rei aragonés, debido a que alegaba os dereitos da súa esposa ao trono do reino insular.
Cando Pedro III se dispoñía a facer valer o poder da súa frota no Mediterráneo, os sicilianos rebeláronse contra os Anjou (entre outras causas debido ás cargas impositivas que soportaban). A nobreza de Sicilia desexaba un certo grao de autonomía política e conseguiu expulsar á dinastía anxevina. Non se fixo esperar o contraataque de Carlos de Anjou pero, para poder facer fronte aos anxevinos, os sicilianos invitaron a Pedro o Grande a que reivindicara os dereitos da súa esposa e, segregándose de Nápoles, entregáronlle a Pedro III o Reino.
Tras o falecemento de Carlos I en xaneiro de 1285 e de Pedro III de Aragón en novembro dese mesmo ano, o Reino de Sicilia dividiuse en dúas partes de forma permanente (Regnum Siciliae ultra farum, Sicilia, e Regnum Siciliae citra farum, Nápoles). Pero como ambos os reis e os seus sucesores intitulábanse como rei de Sicilia, para distinguilos na historiografía emprégase rei de Nápoles para o da parte continental, e rei de Sicilia para o da parte insular, tamén coñecido como rei de Trinacria.José María de Francisco Olmos (2003): El «Coronato» napolitano. Una moneda documental y propagandística. Revista General de Información y Documentación, Vol. 13, núm. 1. Universidad Complutense de Madrid, páx. 58.John Platts (1825): A universal biography: chronologically arranged.... Sherwood, Jones & Co., Vol. 3, páx. 473.Gaetano Moroni (1854): Dizionario di erudizione storico-ecclesiastica. Vol. XLV, páx. 199.
Os conflitos entre os Reinos de Sicilia e de Nápoles foron constantes até que foi elixido papa Benedito XII en 1334, que tiña relacións de amizade con Frederico II de Sicilia, e lle prometeu respecto na Santa Sé en Trinacria.
En ningún momento os nobres sicilianos aceptaron a vinculación da illa co resto dos dominios da coroa de Aragón, fóra da unión persoal co soberano. Para corresponder a estas exixencias, creouse a figura do vigairo (vicerrei), un alter-ego do propio rei que permitía desdobrar a súa personalidade, sendo o primeiro deles o infante Xoán II de Aragón, duque de Peñafiel, nomeado en 1415. Pero esta medida non acabou de convencer ao Parlamento, que resolveu en 1416 aclamar a Xoán como rei, pero este rexeitou o posto. Para evitar un conflito maior, Afonso V chantou a súa corte en Sicilia, convocou novamente o Parlamento e recibiu o xuramento dos sicilianos: quedaba así establecida a desexada unión persoal de Sicilia ao rei, non á coroa de Aragón. De feito, Sicilia nunca se sentiu integrada na coroa de Aragón, sendo bastantes as revoltas que se orixinaron pola nunca aceptada presenza de nobres da coroa aragonesa na illa.
Os conflitos entre os Reinos de Sicilia e Nápoles foron constantes até que foi elixido papa Benedito XII en 1334, que tiña relacións de amizade con Frederico II de Sicilia, e lle prometeu respecto na Santa Sé en Trinacria.
Conquista do Reino de Nápoles (Regnum Siciliae citra farum) miniatura|210px|Afonso V o Magnánimo. Os dous reinos resultantes estiveron separados até 1442, cando o rei de Aragón Afonso V o Magnánimo conquistou o Reino de Nápoles e unificou ambos os Reinos. O Reino de Sicilia desvinculouse da casa de Anjou e constitíuse en dominio dos reis de Aragón, non da Corte nin do Reino de Aragón, senón do propio rei e a título individual.
En ningún momento as forzas políticas quixeron ir máis alá, rexeitando toda vinculación co resto dos dominios da coroa de Aragón, fóra da unión persoal co soberano, como demostra o Parlamento de 1413, que exixiu que o rei ou, no seu defecto, o príncipe herdeiro, puidese ser coroado en Palermo "como rei principal e afastado sen ter dependencia de ningunha outra parte" ("comu re princhipali et appartatu senza haviri dependencia de altra parte").
Para corresponder a estas exixencias, creouse a figura do vigairo (vicerrei), un alter-ego do propio rei que permitía desdobrar a súa personalidade, sendo o primeiro deles o infante Xoán II de Aragón, duque de Peñafiel, nomeado en 1415. Pero esta medida non acabou de convencer ao Parlamento, que resolveu en 1416 aclamar a Xoán como rei, pero este rexeitou o posto. Para evitar un conflito maior, Afonso V chantou a súa corte en Sicilia, convocou novamente o Parlamento e recibiu o xuramento dos sicilianos: quedaba así establecida a desexada unión persoal de Sicilia ao rei, non á Coroa de Aragón. De feito, Sicilia nunca se sentiu integrada na coroa de Aragón, sendo bastantes as revoltas que se orixinaron pola nunca aceptada presenza de nobres da coroa aragonesa na illa.