Zulfuqar Əhmədzodə, nado en Pensər en 1898 e finado en Mariinsk o 9 de xuño de 1942, foi un poeta e político talish.
Traxectoria Estudou primeiro nunha madrasa, e alí comezou a escribir poemas relixiosos no xénero mersiye (elexías). Logo completou a súa educación nunha escola rusa da súa vila natal e completou a súa educación en Istanbul.
Despois da revolución rusa apoiou os bolxeviques. Entre 1920 e 1937 ocupou diferentes cargos na administración, dirixiu o comité executivo da súa provincia natal de Astara, e despois presidiu o comité executivo dunha provincia da RSS de Armenia. Detido en 1937 tras enfrontarse co líder de Azerbaidján Mir Jafar Baghirov. Condenárono a cinco anos de prisión pero morreu, antes de cumprir a pena, logo dunha longa enfermidade no hospital da cidade de Mariinsk.
Escribiu moitos poemas en talish e azerí, entre os máis coñecidos figuran "Toloshi zhimon" (1931 en talish), "Davarda Ruzon" (en talish) e "Arktïka dastanı" (en azerí). Defensor do recoñecemento dunha entidade talish e creador da lingua literaria talish,Аллахверди Агарзазаде. Talış poeziyasının günəşi - Zülfüqr Əhmədzadə (Pensəj) (азерб.) // Tolışi sədo : газета. — Январь 2010. — No 2(110). — S. 7. Zufulqar traduciu ao talish clásicos da literatura rusa e escribiu libros de texto e manuais da lingua talish para a escola primaria.
Notas
Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1942 Categoría:Nados no distrito de Astara Categoría:Escritores en lingua talish Categoría:Escritores en lingua azerí Categoría:Tradutores do ruso Categoría:Políticos da Unión Soviética Categoría:Poetas de Azerbaidján Categoría:Escritores de Azerbaidján