O castelo de Melfi, na Basilicata, é un monumento propiedade de Estado italiano e un dos castelos medievais máis importantes do sur de Italia.

A súa construción, como mínimo os elementos aínda visíbeis, remóntanse á Alta Idade Media (século XI), na época normanda, e experimentou cambios significativos no tempo, especialmente na época do dominio dos anxevinos e os aragoneses.

Historia Período normando miniatura|400px|O papa Nicolao II, durante o primeiro Concilio de Melfi, coroando a Robert Guiscard como duque de Puglia e Calabria. O feito tivo lugar na Torre de Melfi, a base do castelo de Melfi.

A orixe do castelo de Melfi data do século XI, construído polos normandos nun lugar estratéxico que servía como porta de ligazón entre a Campania e a Puglia. A súa situación era esencial para defenderse dos ataques externos e de refuxio para os aliados. A estrutura foi un lugar de históricos acontecimientos durante o período normando.

En Melfi, sede do Condado de Puglia, houbo cinco Concilios ecuménicos, organizados por cinco papas diferentes, entre 1059 e 1137. No verán de 1059, o papa Nicolao II viviu na fortaleza, que foi centro de acontecementos importantes: en xuño concluíuse o tratado de Melfi e, do 3 de agosto ao 25 de agosto, celebrouse o primeiro Concilio de Melfi e, finalmente, recoñeceuse que as terras conquistadas polos normandos no sur de Italia eran da súa propoedade (Concordato de Melfi).

O papa nomeou a Robert Guiscard duque de Puglia e Calabria. A cidade de Melfi pasou entón por un período brillante da súa historia: naquela ocasión foi elixida como a capital do ducado de Puglia e Calabria. Robert Guiscard (ou Roberto Guscardo), ao casar con Sikelgaita de Salerno, enviou ao exilio á súa primeira esposa, Alberada de Buonalbergo.

No castelo organizáronse outros sínodos: o papa Alexandre II, a partir de agosto de 1067 presidiu o segundo Concilio de Melfi, e recibiu ao príncipe lombardo de Salerno, Gisulf II, e aos seus irmanás Roberto Guiscardo e Roxerio I de Sicilia. Durante o terceiro Concilio de Melfi, en 1089, o papa Urbano II convocou a Primeira Cruzada. Pascual II, en 1101 convocou o cuarto Concilio de Melf. Finalmente, Inocencio II, en 1137 convocou o quinto Concilio de Melfi, o último da serie. Houbo tamén un Concilio de Melfi en 1130, pero non foi recoñecido pola Igrexa porque foi organizado polo antipapa Anacleto II. Neste concilio Anacleto II estableceu o Reino de Sicilia.

Período suabo Coa chegada dos suabos, Frederico II Hohenstaufen deu grande importancia ao castelo de Melfi, e fixo algunhas modificacións. En 1231 o castelo foi onde se promulgaron as Constitucións de Melfi, un código de leis para o Reino de Sicilia, Frederico II tomou parte persoalmente na súa redacción, xunto con outros persoeiros, como o seu chanceler Pier della Vigna e o filósofo e matemático Miguel Scot.

No edificio estaba tamén a oficina de recadación dos impostos da Basilicata e un cárcere onde estiveron presos como o sarraceno Othman Lucera, que máis tarde foi liberado mediante o pago de 50 onzas de ouro.

En 1232, Frederico II organizou no castelo a voda do marqués de Monferrato e a súa sobriña Bianca Lancia, coa quen tivo un fillo chamado Manfredo. En 1241 o rei suavo (que tamén era emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico e rei de Chipre e de Xerusalén) encarcerou no castelo a dous cardeais e varios bispos franceses e alemáns, que conspiraron co papa Gregorio IX para a súa deposición porque, segundo o Sumo Pontífice, as Constituciómns de Malfi supoñían unha lexislación exterior e contraria á Igrexa.

O período anxevino e períodos posteriores Coa decadencia de Suabia e a chegada de novos gobernantes anxevinos, o castelo de Melfi foi restaurado e grandemente ampliado. Foi elixido por Carlos II de Anjou como residencia oficial da súa esposa, María de Hungría, en 1284. Aínda foi obxecto a cambios no século XVI, baixo o goberno da coroa de Aragón. O castelo sufriu dous violentos terremotos en 1851 e 1930 pero, a diferenza dos outros monumentos de Melfi que foron danados severamente, o castelo resultou case ileso. Foi propiedade dos Acciaiuoli primeiro, despois dos Marzano e dos Caracciolo e, finalmente, os Doria, familia á que pertenceu até 1950. Hoxe en día, o edificio alberga o Museo archeologico nazionale del Melfese "Massimo Pallottino", inaugurado en 1976.

Estrutura O castelo de Melfi, ao ser construído en varias fases ao longo do tempo, ten arquitectura multiestilo, aínda que se ve claramente a súa orixe medieval. Componse de dez torres das cales sete son rectangulares e tres pentagonais:

miniatura|270px|Vista do Interior. miniatura|270px|O castelo de Melfi. Litografía do século XIX.

Torre de Entrada Torre da Bandeira ou do Ciprés Torre da Secretaría ou da Terraza Torre do Baluarte do León Torre do Emperador ou dos Sete Ventos Torre sen nome (só quedan as ruínas) Torre Noroeste ou Torrita Parvula Torre do Cárcere ou de Marcangione Torre da Igrexa Torre do Reloxo

O castelo de Melfi ten catro entradas, das cales só unha é aínda utilizábel. A primeira, situada ao nordeste, cerca da Torrita Parvula, estaba conectada directamente co campo e agora está tapiada; a segunda, tamén amurallada e situada cerca da Torre da Igrexa, ábrese ao patio, e a terceira, ao suroeste, cerca do Baluarte do León, era a entrada principal durante a época anxevina e permitía chegar ao foso e á cidade. A cuarta, a única activa, foi inaugurada pola familia Doria e serve de acceso ao campo a través dunha ponte, que era unha ponte levadiza na antigüidade. O interior, aínda que transformado polos Doria entre os séculos XVI e XVIII nun palacio señorial, aínda conserva algunhas das características estruturais do estilo normando-suabo.

Despois de pasar a ponte pódese ver unha porta que ten unha inscrición do século XVIII que honra os feitos de Carlos V e Andrea Doria. Despois de entrar no patio, pódese acceder ás cortes dos cabalos e aos patios traseiros "dello Stallaggio" e "del Mortorio", todos eles obras anxevinas creadas entre 1278 e 1281 por orde de Carlos II de Anjou. Sempre de estilo anxevino son o "Salón do Trono" (que alberga o museo), construído no lado norte, por debaixo do Salón "degli Armigeri". Paga a pena mencionar tamén o Salón "delle Scodelle" (das cuncas), onde foron proclamadas as Constitucións de Melfi.

Galería fotográfica

Véxase tamén

Bibliografía Antonio Canino( 1980): Basilicata Calabria. Touring Editore. ISBN 88-365-0021-8. Raffaele Licinio (1994): Castelli medievali: Puglia e Basilicata, dai Normanni a Federico II e Carlo I D'Angiò. Edizioni Dedalo. ISBN 88-220-6162-4. Nicola Masini (2006): "Dai Normanni agli Angioini: castelli e fortificazioni della Basilicata", en VV.AA. Storia della Basilicata. Il Medioevo, C. D. Fonseca, ed. Editori Laterza, pp. 689–753. ISBN 88-420-7509-4. Aurelio Musi (2003): Napoli, una capitale e il suo regno. Touring Editore. ISBN 88-365-2851-1. Michelangelo Levita (2008): Il Castello di Melfi: Storia e Architettura. Bari: Adda Editore.

Outros artigos Reino de Sicilia Robert Guiscard

Ligazóns externas Castelo de Melfi na páxina web municipal . Hubert Houben: Melfi en Trecanni .

Categoría:Historia medieval de Italia Categoría:Provincia de Potenza