Teresa Egerique Mosquera, nada en Vigo en 1976, é unha xornalista e política galega do PPdeG.

Traxectoria Filla de Pablo Egerique Martínez. É doutora en Ciencias da Información e máster en Imaxe e Consultaría Política. Foi xefe de prensa no Porto de Vigo e profesora asociada na Universidade de Vigo. É concelleira en Vigo polo PPdeG dende 2011. Pertenceu á executiva do PPdeG dende 2013. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2016 era a candidata número tres pola provincia de Pontevedra e foi elixida deputada. Foi voceira do grupo parlamentario popular nas áreas de Cultura e de Portos e posteriormente de Pesca. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 ía no posto 14 da candidatura do PPdeG por Pontevedra e resultou elixida deputada.

Véxase tamén

Bibliografía Ficha no Parlamento de Galicia Ligazóns externas

Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Concelleiros de Galicia polo PPdeG Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Nados en Vigo

Categoría:Nados en 1976 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes