Aurelio Alfonso Núñez Centeno, nado na Coruña en 1958, é un médico e político galego do PPdeG.
Traxectoria Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela en 1981. Médico en Carballo dende 1983. Foi concelleiro en Carballo. Foi elixido deputado do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012. Nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 volveu ser elixido deputado.
Nas eleccións municipais de 2019, presentouse á alcaldía do concello de Carballo. Logo de perder, renunciou a recoller a acta de concelleiro.
Véxase tamén Bibliografía Ficha no Parlamento de Galicia
Categoría:Médicos da Coruña Categoría:Concelleiros de Carballo Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1958 Categoría:Deputados da IX Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes