Microsoft Mahjong (tamén chamado Mahjong Titans e Taipei) é un videoxogo de computador publicado por Microsoft. A versión titulada Mahjong Titans foi desenvolvida por Oberon Games e estaba incluída en Windows Vista e Windows 7 (agás as edicións Starter e Home Basic). Toma vantaxe da interface gráfica de usuario de Windows Vista, e inclúe características tales como conxunto de mosaicos e opcións de fondo. (En Windows Vista 5219, 5231 e 5259, o xogo era coñecido como Shanghai Solitaire.) O xogo non estivo incluído en Windows 8; porén, unha versión independente, desenvolvida por Arkadium e publicada por Microsoft Studios, pode ser descargada de balde dende Windows Store.
Notas
Categoría:Videoxogos de 2008 Categoría:Videoxogos de Microsoft Studios Categoría:Videoxogos de Windows