Deokhye de Corea, nada en Seúl o 25 de maio de 1912 e finada na mesma localidade o 21 de abril de 1989, foi a derradeira princesa do Imperio Coreano.

Traxectoria miniatura|331x331px|Takeyuki Sō e Deokhye (1931)

Naceu no palacio Changdeok como a filla máis nova do emperador Gojong e a súa concubina, entón coñecida como Yang Gui-in. O emperador deulle o título de Boknyeong á nai cando pariu a princesa. Pero o Xapón non a recoñeceu formalmente ata 1917, por non ser filla da raíña. Nese ano, inscribiron formalmente o seu nome no rexistro da familia imperial. Gojong estableceu no Palacio Deoksu unha gardería para ela á que tamén acudían rapazas da súa idade doutras familias nobres. A partir de 1921 Deokhye estudou na escola elemental Hinodae en Seúl. En 1925 as autoridades xaponesas levárona ao Xapón baixo o pretexto de continuar os seus estudos. Como os seus irmáns foi a Gakushuin, onde estudaba a nobreza xaponesa. Á morte da súa nai en 1929 puido volver a Corea para acudir ao seu funeral da súa nai. Nesa época tivo os primeiros síntomas de demencia precoz.

En maio de 1931 casou co conde Sō Takeyuki (武志; 1923-1985), nun matrimonio concertado cun aristócrata xaponés. Tivo unha filla, Masae (), ou Jeonghye () en Corea, o 14 de agosto de 1932. O ano seguinte Deokhye recaeu na súa enfermidade mental e pasou varios anos en clínicas de saúde mental.

Coa derrota do Xapón na segunda guerra mundial, Corea recuperou a súa independencia e o seu marido perdeu o seu título de nobreza, ao se abolir no Xapón. O matrimonio divorciouse en 1953. En 1956 perdeu á súa filla e a súa saúde mental resentiuse.

O 26 de xaneiro de 1962, despois de 37 anos, puido volver a Corea. Viviu no palacio Changdeok, con outros membros da antiga familia imperial. 

Notas

Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 1989 Categoría:Nados en Seúl Categoría:Personalidades de Corea Categoría:Príncipes