Wigstan, finado en 849, tamén coñecido como San Wigstan, foi o fillo de Wigmund de Mercia e da filla do rei Ceolwulf de Wessex.
Traxectoria Probabelmente Wigstan reinou en Mercia durante un breve período, en 840, para despois abdicar do trono. Wigstan foi asasinado polo seu sucesor Beorthwulf de Mercia de quen se di que foi o seu padriño. Os restos de Wigstan foron enterrados en Repton en 849 no mesmo lugar onde fora enterrado o seu avó Wiglaf de Mercia. Repton pasou a converterse nun centro de peregrinación e durante o reinado de Canuto o Grande os seus restos convertidos en reliquias foron levados a Evesham. Ao redor de 1130 Dominic de Evesham escribiu Vita Sancti WistaniEnglish Historical Review. O seu nome utilizouse recentemente como é o caso de W.H.Auden pola súa raíz cristiáThe Concise Dictionary of English Christian Names (3rd edition ed.
Notas
Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Reis de Mercia Categoría:Finados en 849