Hundraåringen som klev ut genom fönstret och försvann é unha novela cómica escrita polo autor sueco Jonas Jonasson que foi publicada no 2009.

miniatura|dereita|200px|O autor, Jonas Jonasson

Sinopse Allan Karlsson é un cidadán sueco que se atopa a piques de cumprir o seu centésimo aniversario. Vivindo nunha residencia da terceira idade, e mentres os seus veciños lle estaban a preparar unha festa para celebralo, Karlsson decide botarse pola fiestra da súa habitación e fuxir da residencia; é o 2 de maio de 2005. A partir de aquí, a historia segue as peripecias do protagonista mentres é perseguido por narcotraficantes e policías.

Alén das aventuras de Karlsson, ó longo da novela tamén se conta de xeito paralelo a vida anterior do protagonista: entre outros feitos, Allan Karlsson comparte mesa co futuro presidente dos Estados Unidos Harry Truman, conversa con Winston Churchill, viaxa en barco coa muller de Mao Zedong ou atravesa a pé o Himalaia.

Adaptación ó cinema O 25 de novembro de 2010 anunciouse que Felix Herngren dirixiría unha adaptación cinematográfica do libro. O filme foi producido por FLX Film e comezou a rodarse no 2012. Robert Gustafsson foi o encargado de interpretar o papel protagonista, Allan Karlsson. A estrea produciuse en Suecia o 25 de decembro do 2013. Walt Disney Studios Motion Pictures negociou os dereitos de distribución. O filme bateu o récord histórico de recadación en Suecia.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Obras literarias de 2009 Categoría:Novelas en sueco