Lalsangzuali Sailo, nada en Thingsai o 15 de maio de 1949 e finada o 14 de outubro de 2006, foi unha escritora, compositora e cantante do estado indio de Mizoram.
Traxectoria Estudou na escola do convento de San Xoán Bosco en Cherrapunji e logo maxisterio nunha institución católica de Shillong. Tamén realizou o doutoramento en literatura mizo.
Sailo é autora de 17 libros e tres folletos. En 1999 gañou o premio anual da Academia de Literatura Mizo cun libro sobre un loitador da liberdade mizo, Tlawm ve lo Lalnu Ropuiliani. En Thuthulung Thar Hmeichhiate trata sobre as mulleres do Novo Testamento e en Sakhming Chul Lo traza a historia da poetisa Khuangthli. Escribiu máis de 300 cancións, en mizo, kokborok e inglés, principalmente devocionais, amorosas e patrióticas. En 1998 Goberno da India outorgoulle o cuarto recoñecemento civil máis alto, o Padma Shri.
Notas
Categoría:Nados en 1949 Categoría:Músicos da India Categoría:Nados en Mizoram Categoría:Escritores en lingua mizo Categoría:Escritores da India Categoría:Finados en 2006