220px|miniatura|Cilicio de Lois IX de Francia, conservado na igrexa de Sant Aspais en Melun. miniatura|220px|Cilicio de ferro da segunda metade do século XIX. Un cilicio é un accesorio empregado para provocar á mantenta dor ou incomodidade en quen o viste. O seu uso estivo estendido durante moito tempo nas diversas comunidades cristiás como xeito de mortificación, buscando así combater as tentacións e, sobre todo, a identificación con Xesús de Nazaret nos padecementos que sufriu na Paixón e os froitos espirituais que dela se derivan.

Emprego actual Hoxe en día, só unhas poucas ordes continúan a empregalo; os cartuxos e as carmelitas son os únicos que prescriben o seu emprego na regra, mentres que noutras ordes o cilicio e as disciplinas resérvanse ó uso voluntario ou prescrito individualmente. En lugar da camisa de pelo ou metal, emprégase tamén unha cadena ou cinto metálico dotado de puntas que se ata firmemente á coxa ou a axila; as feridas provocadas polo cilicio non dan lugar a sangrado pero deixan marcas visibles. No Opus Dei a recomendación ós numerarios é usalo diariamente durante dúas horas, agás domingos e festivos.

Notas

Categoría:Cristianismo