O xénero Tricholoma, as tricolomas, contén un gran número de cogomelos da orde Agaricales. Os seus corpos frutíferos adoitan ser carnosos e de esporada branca, e a súa distribución mundial, medrando xeralmente en áreas boscosas. Son fungos ectomicorrizos, que se desenvolven en simbiose con varias especies de coníferas e outras árbores. O nome xenérico deriva do grego τριχος "pelo" e λομα "flocos", aínda que só unhas poucas especies (como T. vaccinum) teñen chapeus vilosos que se axusten a esa descrición.

Algunhas especies ben coñecidas son do leste de Asia (Tricholoma matsutake, o matsutake), e de América do Norte (Tricholoma magnivelare, o matsutake americano). Algunhas son bos comestíbeis, mais outras son velenosas (T. pardinum, T. tigrinum, T. equestre).

En Galiza son comúns o tortullo, o ratiño e o cogomelo dos cabaleiros.

Moitas especies orixinalmente descritas dentro de Tricholoma foron trasladadas a outros xéneros. Isto inclúe o pé azul (Lepista nuda) (antes Tricholoma nudum), Lepista personata (antes Tricholoma personatum) ou Calocybe gambosa (antes Tricholoma gambosum).

Lista de especies dereita|miniatura|150x150px|T. fulvum dereita|miniatura|150x150px|T. lascivum dereita|miniatura|150x150px|T. scalpuratum dereita|miniatura|150x150px|T. sulphureum dereita|miniatura|150x150px|Ratiño (T. terreum ou T. myomyces) Tricholoma albobrunneum 20x20px Tricholoma argyraceum 20x20px Tricholoma auratum 20x20px - Tricholoma dourada. Tricholoma colossus 20x20px Tricholoma columbetta 20x20px - Tricholoma pomba. Tricholoma equestre 20x20px (antes T. flavovirens) - Cogomelo dos cabaleiros, tortullo dos cabaleirosArtigo no Portal das Palabras da RAG.. Tricholoma eucalypticum 20x20px Tricholoma fulvum 20x20px Tricholoma imbricatum 20x20px Tricholoma magnivelare 20x20px - fungo de piñeiros, matsutake americano. Tricholoma matsutake 20x20px - matsutake. Tricholoma orirubens 20x20px Tricholoma pardinum 20x20px Tricholoma pessundatum 20x20px Tricholoma populinum 20x20px Tricholoma portentosum 20x20px Tricholoma saponaceum 20x20px Tricholoma scalpturatum 20x20px Tricholoma sejunctum 20x20px Tricholoma squarrulosum 20x20px Tricholoma sulphureum 20x20px - Tricholoma xofre. Tricholoma terreum 20x20px (= T. myomyces) - Ratiño Tricholoma tigrinum 20x20px Tricholoma ustale 20x20px Tricholoma vaccinum 20x20px - Tricholoma escamosa. Tricholoma virgatum 20x20px Notas

Véxase tamén Bibliografía Marcel Bon : The Mushrooms and Toadstools of Britain and North-western Europe (Hodder & Stoughton 1987). ISBN 0-340-39935-X Régis Courtecuisse, Bernard Duhem : Guide des champignons de France et d'Europe (Delachaux & Niestlé, 1994-2000). ISBN 2-603-00953-2