A caixa SOS é a rexión do promotor de varios xenes cuxo represor común é LexA, que se une a eles para reprimir a transcrición das proteínas inducidas por SOS. Isto ocorre en ausencia de danos no ADN. En presenza de danos no ADN a unión de LexA é inactivada polo activador RecA. As caixas SOS son distintas dun organismo a outro nas súas secuencias de ADN e na afinidade da unión a LexA. Ademais, as caixas SOS poden estar presentes de maneira dual e solapada, é dicir, pode haber máis dunha caixa SOS dentro do mesmo promotor.
Exemplos
+ Clado filoxenético Secuencia Referencia Alfaproteobacterias GAAC(N)7GAACGTTC(N)7GTTC BetaproteobacteriasGammaproteobacterias CTGT(N)8ACAG Deltaproteobacterias CTRHAMRYBYGTTCAGS Bacterias grampositivas CGAACRNRYGTTYC Cianobacterias RGTAC(N)3DGTWCB Ver nomenclatura dos ácidos nucleicos para unha explicación das letras nucleotídicas que non son as típicas GATC.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Resposta SOS Xene SOS LexA RecA
Bibliografía
Categoría:Reparación do ADN