O Gran Premio do Brasil de 1989 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula 1, celebrada o 26 de marzo de 1989 no circuíto de Jacarepaguá do Río de Xaneiro. Foi a primeira carreira da tempada de e tamén foi o décimo oitavo Gran Premio do Brasil e o décimo que se celebrou en Jacarepaguá do Río de Xaneiro. A carreira disputouse sobre 61 voltas ao circuíto de cinco quilómetros para unha distancia da carreira de 307 quilómetros.
Informe
O equipo FIRST retirouse antes do comezo da tempada, xa que o coche fallara unha proba de choque obrigatoria da FIA na pretempada.
Philippe Streiff continuou como piloto principal de AGS para a tempada , pero quedou paralítico nun accidente nunha proba pre-GP no circuíto, que puxo fin á súa carreira deportiva.
Ayrton Senna logrou a pole position na cualificación por diante de Riccardo Patrese, que bateu a marca de 177 aparicións nun Grand Prix, e Gerhard Berger no novo Ferrari 640, que contou coa primeira caixa de cambios semiautomática na Fórmula Un. Para Patrese en realidade era a súa primeira saída en primeira fila desde que comezou segundo no Gran Premio de Europa de 1983 en Brands Hatch, 81 carreiras despois. No seu debut con Ferrari, o compañeiro de equipo de Berger Nigel Mansell cualificou sexto. Logo da carreira Mansell chanceou que estaba tan convencido da falta de fiabilidade do seu novo coche que reservara un voo cedo a casa.
Johnny Herbert (Benetton) e Olivier Grouillard (Ligier) cualificáronse por primeira vez para unha carreira de Fórmula Un.
Na saída, Nicola Larini foi descualificado por unha saída ilegal. Mansell converteuse no primeiro home desde Mario Andretti en en gañar na súa debut na Fórmula Un con Ferrari, unha fazaña que non foi igualada ata que Kimi Räikkönen gañou con Ferrari no Gran Premio de Australia de 2007. Tamén foi a primeira carreira que gañada por un coche cunha caixa de cambios semiautomática. Mansell cortouse as mans co trofeo logo da carreira. Uníuselle no podio o McLaren de Alain Prost e o March de Maurício Gugelmin, na súa primeira aparición no podio. Johnny Herbert terminou cuarto e anotou puntos para Benetton no seu debut. Herbert, que aínda se recuperaba do seu horrible accidente na Fórmula 3000 en Brands Hatch seis meses antes, acabou 4º no debut a só 1´123 segundos detrás de Gugelmin e 7´748 segundos por diante do seu compañeiro de equipo Alessandro Nannini que terminou sexto.
A mala sorte da historia da carreira foi para o piloto de Arrows Derek Warwick. Houbo un problema ao axuste nunha roda traseira durante a súa segunda parada para cambiar os pneumáticos no que perderon máis de 25 segundos. Terminou en quinto lugar, a menos de 18 segundos por detrás de Mansell o que suxire que a parada en boxes puidolle custar a Warwick a súa vitoria no Gran Premio inaugural.
O compañeiro de equipo en Arrows de Warwick Eddie Cheever derrubouse logo de saír do seu coche trala colisión co Zakspeed de Bernd Schneider . Arrows en realidade tivo que modificar o coche de Cheevers despois de non pasar a comprobación de seguridade da FIA onde o piloto tiña 5 segundos para poder saír do seu coche. O novo deseño de Ross Brawn do Arrows A11 axustarase para acoller a altura do americano, que tivo problemas para adaptarse ao coche antes da práctica. Schneider, cuxo auto montaba o novo motor V8 de Yamaha, só se meteu en carreira logo do accidente de Philippe Streiff e a FIA permitira entrar 5 precualificados na pista principal en lugar de 4. Schneider non volveu a cualificar para outra carreira ata a penúltima proba da tempada en Xapón uns 7 meses despois. O seu novo compañeiro de equipo Aguri Suzuki fracasaría para cualificar nas 16 probas da tempada de 1989.
Esta foi a última carreira de Fórmula Un en Jacarepaguá. Desde , o Gran Premio do Brasil disputouse nun acurtado Interlagos en Sao Paulo, a cidade natal de Ayrton Senna.
Clasificación
Pre Cualificación Pos Nº Piloto Construtor Tempo diferenza 1 7 Martin Brundle Brabham-Judd 1:27.764 2 8 Stefano Modena Brabham-Judd 1:28.147 +0.383 3 33 Gregor Foitek EuroBrun-Judd 1:29.604 +1.840 4 17 Nicola Larini Osella-Ford 1:29.679 +1.915 5 34 Bernd Schneider Zakspeed-Yamaha 1:30.417 +2.653 6 21 Alex Caffi Dallara-Ford 1:30.747 +2.983 7 18 Piercarlo Ghinzani Osella-Ford 1:31.150 +3.386 8 39 Volker Weidler Rial-Ford 1:31.964 +4.200 9 32 Pierre-Henri Raphanel Coloni-Ford 1:32.019 +4.255 10 41 Joachim Winkelhock AGS-Ford 1:32.982 +5.218 11 35 Aguri Suzuki Zakspeed-Yamaha 1:33.079 +5.315 12 36 Stefan Johansson Onyx-Ford 1:35.232 +7.468 13 37 Bertrand Gachot Onyx-Ford 1:37.932 +10.168
Cualificación Pos Nº Piloto Equipo Q1 Q2 Diferenza 1 1 Ayrton Senna McLaren-Honda 1:26.205 1:25.302 — 2 6 Riccardo Patrese Williams-Renault 1:26.172 7:12.732 +0.870 3 28 Gerhard Berger Ferrari 1:26.271 1:26.394 +0.969 4 5 Thierry Boutsen Williams-Renault 1:27.367 1:26.459 +1.157 5 2 Alain Prost McLaren-Honda 1:27.095 1:26.620 +1.318 6 27 Nigel Mansell Ferrari 1:27.249 1:26.772 +1.470 7 16 Ivan Capelli March-Judd 1:27.525 1:27.035 +1.733 8 9 Derek Warwick Arrows-Ford 1:27.937 1:27.408 +2.106 9 11 Nelson Piquet Lotus-Judd 1:28.423 1:27.437 +2.135 10 20 Johnny Herbert Benetton-Ford 1:27.626 1:27.754 +2.324 11 19 Alessandro Nannini Benetton-Ford 1:28.394 1:27.865 +2.563 12 15 Maurício Gugelmin March-Judd 1:27.956 1:28.581 +2.654 13 7 Martin Brundle Brabham-Judd 1:29.138 1:28.274 +2.972 14 8 Stefano Modena Brabham-Judd 1:28.621 1:28.942 +3.319 15 22 Andrea de Cesaris Dallara-Ford 1:29.005 1:29.206 +3.703 16 23 Pierluigi Martini Minardi-Ford 1:30.077 1:29.435 +4.133 17 38 Christian Danner Rial-Ford 1:30.460 1:29.455 +4.153 18 3 Jonathan Palmer Tyrrell-Ford 1:30.443 1:29.573 +4.271 19 17 Nicola Larini Osella-Ford 1:31.341 1:30.146 +4.844 20 4 Michele Alboreto Tyrrell-Ford 1:32.260 1:30.255 +4.953 21 12 Satoru Nakajima Lotus-Judd 1:30.942 1:30.375 +5.073 22 26 Olivier Grouillard Ligier-Ford 1:30.410 1:30.666 +5.108 23 24 Luis Pérez-Sala Minardi-Ford 1:30.702 1:30.643 +5.341 24 10 Eddie Cheever Arrows-Ford 1:30.657 1:31.068 +5.355 25 34 Bernd Schneider Zakspeed-Yamaha 1:32.346 1:30.861 +5.559 26 30 Philippe Alliot Lola-Lamborghini 1:31.872 1:31.009 +5.707 27 29 Yannick Dalmas Lola-Lamborghini 1:32.411 1:31.260 +5.958 28 25 René Arnoux Ligier-Ford 1:34.232 1:31.376 +6.074 29 33 Gregor Foitek EuroBrun-Judd 1:31.791 1:53.570 +6.489 30 31 Roberto Moreno Coloni-Ford 1:32.561 1:34.894 +7.259
Carreira Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 27 Nigel Mansell Ferrari 61 1:38:58.744 6 9 2 2 Alain Prost McLaren-Honda 61 + 7.809 5 6 3 15 Maurício Gugelmin March-Judd 61 + 9.370 12 4 4 20 Johnny Herbert Benetton-Ford 61 + 10.493 10 3 5 9 Derek Warwick Arrows-Ford 61 + 17.866 8 2 6 19 Alessandro Nannini Benetton-Ford 61 + 18.241 11 1 7 3 Jonathan Palmer Tyrrell-Ford 60 + 1 volta 18 8 12 Satoru Nakajima Lotus-Judd 60 + 1 volta 21 9 26 Olivier Grouillard Ligier-Ford 60 + 1 volta 22 10 4 Michele Alboreto Tyrrell-Ford 59 + 2 voltas 20 11 1 Ayrton Senna McLaren-Honda 59 + 2 voltas 1 12 30 Philippe Alliot Lola-Lamborghini 58 + 3 voltas 26 13 22 Andrea de Cesaris Dallara-Ford 57 + 4 voltas 15 14 38 Christian Danner Rial-Ford 56 Caixa de cambios 17 Ret 6 Riccardo Patrese Williams-Renault 51 Alternador 2 Ret 10 Eddie Cheever Arrows-Ford 37 Colisión 24 Ret 34 Bernd Schneider Zakspeed-Yamaha 36 Colisión 25 Ret 7 Martin Brundle Brabham-Judd 27 Palier 13 Ret 16 Ivan Capelli March-Judd 22 Suspensión 7 Ret 11 Nelson Piquet Lotus-Judd 10 Sistema combustible 9 DSC 17 Nicola Larini Osella-Ford 10 Dexcualificado 19 Ret 8 Stefano Modena Brabham-Judd 9 palier 14 Ret 5 Thierry Boutsen Williams-Renault 3 Motor 4 Ret 23 Pierluigi Martini Minardi-Ford 2 Chasis 16 Ret 28 Gerhard Berger Ferrari 0 Colisión 3 Ret 24 Luis Pérez-Sala Minardi-Ford 0 Colisión 23 NSC 29 Yannick Dalmas Lola-Lamborghini NSC 25 René Arnoux Ligier-Ford NSC 33 Gregor Foitek EuroBrun-Judd NSC 31 Roberto Moreno Coloni-Ford NSCP 21 Alex Caffi Dallara-Ford NSCP 18 Piercarlo Ghinzani Osella-Ford NSCP 39 Volker Weidler Rial-Ford NScP 32 Pierre-Henri Raphanel Coloni-Ford NSCP 41 Joachim Winkelhock AGS-Ford NSCP 35 Aguri Suzuki Zakspeed-Yamaha NSCP 36 Stefan Johansson Onyx-Ford NSCP 37 Bertrand Gachot Onyx-Ford
Líderes por volta Riccardo Patrese (17) 1-15, 21-22; Nigel Mansell (37) 16-20, 28-44, 47-61; Alain Prost (7) 23-27, 45-46
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos PosPilotoPuntos 1 Nigel Mansell 9 2 Alain Prost 6 3 Maurício Gugelmin 4 4 Johnny Herbert 3 5 Derek Warwick 2
Clasificación do campionato de construtores Pos. Construtor Puntos 1 Ferrari9 2 McLaren-Honda6 3 Leyton House-Judd4 4 Benetton-Ford4 5 Arrows-Ford2
Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
Ligazóns externas
Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1989 Categoría:Gran Premio do Brasil de Fórmula 1