San Xoán de Pedrafita de Camporredondo é unha parroquia que se localiza no concello de Baralla. Delimitada polas parroquias da Fontaneira (do concello de Baleira) polo Norte; Penarrubia polo Sur; Córneas (tamén de Baleira) polo leste e Pousada polo Oeste. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 72 habitantes (37 homes e 35 mulleres), distribuídos en 5 entidades de poboación,o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 76 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 45 habitantes, sendo 23 homes e 22 mulleres.

Historia Trala división territorial de España en 1833 a parroquia de Pedrafita de Camporredondo pasou a formar parte do concello de Neira de Rei.

Lugares e parroquias Lugares de Pedrafita de Camporredondo

Parroquias de Baralla

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Baralla Concello de Neira de Rei

Ligazóns externas Pedrafita de Camporredondo na web do concello de Baralla

Categoría:Parroquias de Baralla Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán