Coñécese como Reis latinos, ou Reis de Alba Longa, a serie de reis lendarios do Lacio e Alba Longa que, na mitoloxía romana, encheron o oco de tempo entre o desembarco de Eneas no Lacio e a fundación de Roma por Rómulo e Remo. Foi sucedida pola serie de reis coñecida como «os reis etruscos» para distinguilos dos reis albanos, a pesar de que só algúns dos seus membros foron etruscos.

Ascanio, o primeiro da dinastía, fundou Alba Longa ao redor da metade do século -XII, algún tempo despois da destrución de Troia (que, segundo Eratóstenes, ocorreu no ano -1184). O seu sucesor foi Silvio, que ás veces é considerado o seu medio irmán e ás veces fillo seu. Por tanto, a orixe da dinastía real podería remontarse tanto aos pais de Silvio, (ben sexa Ascanio ou ben Eneas e Lavinia), como ao pai de Lavinia, Latino. Lista dos reis de Alba Longa Conforme aos datos de Tito Livio e de Dionisio de Halicarnaso esta é a lista dos reis latinos ou de Alba Longa: dereita|miniatura|300x300px|Ascanio, fillo de Eneas. Eneas. Considerado como o primeiro rei latino tanto por Livio como por Dionisio. Ascanio. Fillo de Eneas e Creúsa. Reinou durante 38 anos. Silvio. Fillo de Eneas e Lavinia, ou de Ascanio. Reinou durante 29 anos. Eneas Silvio. Fillo de Silvio. Reinou durante 31 anos. Latino Silvio. Posibelmente un fillo de Eneas Silvio. Reinou durante 51 anos. Alba. Posiblemente un fillo de Latino Silvio. Reinou durante 39 anos. Atis (en Livio) ou Capeto (en Dionisio). Posibelmente un fillo de Alba. Reinou durante 26 anos. Capis. Posibelmente un fillo de Capeto. Reinou durante 28 anos. Capeto II. Posibelmente un fillo de Capis. Reinou durante 13 anos. Tiberino Silvio. Posibelmente fillo de Capeto II. Reinou durante 8 anos. Morreu en combate preto dun río e o seu corpo foi arrastrado por el. O río foi rebautizado como Tíber na súa honra. Agripa. Posibelmente un fillo de Tiberino. Reinou durante 41 anos. Rómulo Silvio (en Livio) ou Aladio (en Dionisio). Posibelmente un fillo de Agripa. Reinou durante 19 anos. Considéraselle un tirano e pouco respectuoso cos deuses. Atemorizou ao pobo arroxándolle raios, ata que el mesmo resultou morto por un e a súa casa foi mergullada no lago Albano. Aventino. Posibelmente un fillo de Aladio. Reinou durante 37 anos. O monte Aventino foi chamado así na súa honra. Procas. Posibelmente un fillo de Aventino. Reinou durante 23 anos. Amulio. O máis novo dos fillos de Procas, que usurpou o trono do seu irmán Numitor. Reinou durante 42 anos. Asasinado polo seu sobriño-netos Rómulo e Remo. Numitor. O irmán máis vello de Amulio. Sucedeu a Amulio un ano antes da fundación de Roma. Non se coñece o nome do seu sucesor.

Árbore xenealóxica dos reis latinos de Alba Longa

Véxase tamén Bibliografía Dionisio de Halicarnaso, (I, páxina 66 e seguintes) (en inglés). Tito Livio, Ab urbe condita (Historia de Roma), Libro I (en inglés). Virxilio, Eneida, Libro VI. Outros artigos Alba Longa. Historia da Roma Antiga. Estirpe de Troia.

Categoría:Mitoloxía romana