Alphonsus é un cráter de impacto lunar, situado na cara visible da Lúa, nas coordenadas lunares 13,4º S, 2,8º O. Ten un diámetro de 119 km e unha profundidade de 2,7 km.
O seu nome (ou epónimo) foi oficialmente adoptado pola Unión Astronómica Internacional (UAI) en 1935,Moon nomenclature - Crater. Consultada o 28 de outubro de 2016.Gazetteer of Planetary Nomenclature . Consultada o 28 de outubro de 2016. en referencia ao astrónomo Afonso X o Sabio, máis coñecido por ter sido rei de Castela e León.Ficha do cráter lunar "Alphonsus", na Gazeteer of Planetary Nomenclature . Consultada o 28 de outubro de 2016. miniatura|250px|O cráter Alphonsus, situado no centro á dereita. Fotografía tomada polo Ranger 9. Aspectos xeolóxicos O fondo do cráter Alphonsus, que é notabelmente plano e está sementado de pequenos cráteres, ten un pico central e unha longa greta que corre case paralela á parede oriental. Con todo, a característica máis importante de Alphonsus, desde o punto de vista xeolóxico, son varias manchas escuras formadas por depósitos piroclásticos.
Cráteres interiores Cinco diminutos cráteres ao nordeste da superficie interior de Alphonsus foron designados pola Unión Astronómica Internacional (UAI). Móstranse na táboa seguinte.
CráterCoordenadas lunaresDiámetroOrixe do nomeChang-Ngo3 kmNome feminino chinésVéxase tamién Chang'e, a deusa chinesa.José2 kmNome masculino castelánMonira2 kmNome feminino árabeRavi2,5 kmNome masculino hindiSoraya2 kmNome feminino persa
Cráteres satélites Por convención estas características identifícanse nos mapas lunares localizando a letra no punto medio do bordo do cráter nas proximidades do cráter Alphonsus.Jonathan McDowell (2004): Lunar Nomenclature, Lista completa dos cráteres lunares. Consultada o 28 de outubro de 2016.
AlphonsusLatitudeLonxitudeDiámetroA14,8° S2,3° O4 kmB13,2° S0,2° O24 kmC14,4° S4,8° O4 kmD15,1° S0,8° O23 kmG12,3° S3,3° O4 kmH15,6° S0,5° O8 kmJ15,1° S2,5° O8 kmK12,5° S0,1° O20 kmL12,0° S3,7° O4 kmR14,4° S1,9° O3 kmX15,0° S4,4° OW5 kmY14,7° S1,8° O3 km
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Charles Coulston Gillispie, editor in chief (1970 e ss.): Dictionary of Scientific Biography. Nova York: Charles Scribner's Sons. 16 vols. (Ver vol. 9, 1981).
Outros artigos Cráter de impacto Lúa
Ligazóns externas Alphonsus en cienciaengalego.org . Digital Lunar Orbiter Photographic Atlas of the Moon . Alphonsus crater on the Moon from 440 km .
Categoría:Astronomía Categoría:Cráteres da Lúa